Saltar ao contido

Jacques Jean Barre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJacques Jean Barre

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Jacques-Jean Barre Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1793 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xuño de 1855 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Gravador xeral de moedas de Francia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupacióngravador , medallista , deseñador de selos , artista visual Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1823 Editar o valor em Wikidata - 1855 Editar o valor em Wikidata
AlumnosAlphée Dubois (pt) Traducir, Joseph Dantzell (en) Traducir e Maurice Borrel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJean-Auguste Barre (pt) Traducir, Désiré Albert Barre Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Barre-397

Jacques Jean Barre, nado en París o 3 de agosto de 1793 e finado na mesma cidade o 10 de xuño de 1855, foi un medallista e gravador de selos postais, de billetes e de moedas francés.

En 1843 foi designado como 17º gravador xeral de moedas de Francia, posto no que foi o sucesor de Nicolas Pierre Tiolier e no que foi relevado en 1855 polo seu fillo, Désiré Albert Barre.[1]

Traxectoriaeditar a fonte

Barre naceu en París o 3 de agosto de 1793.[2] A orde do seu primeiro e do seu segundo nome varía segundo as fontes, e adoita se "Jean-Jacques" nas publicacións relacionadas coa numismática e "Jacques Jean" nas de orientación filatélica.[3]

Con 17 anos, en 1810, ingresou como gravador na Monnaie de Paris, como aprendiz do gravador xeral Nicolas Pierre Tiolier.[4]

En 1919 participou na exposición do Salón de París con grande éxito cun cadro de medallas. Posteriormente foi un asiduo participante nestes salóns entre 1822 e 1846, onde amosou as súas medallas, cuños, retratos etc. Tamén participou nas exposicións anuais de Belas Artes de París.[4] A súa produción de medallas, varias delas de temática masónica, foi constante durante o seu período de actividade.[2][5][6]

En 1834 encomendóuselle o gravado dalgunhas probas para moedas a nome de Lois Filipe I (1830-1848), que finalmente non foron adoptadas.[4][7] Logo do falecemento en 1842 de Nicolas Pierre Tiolier, Barre foi designado para ocupar o seu posto como gravador xeral e, no exercicio do seu cargo, o rei Lois Filipe I encargoulle, entre outros traballos, unha serie de grandes retratos de numerosos membros da familia real reproducidos en medallóns de xeso.[8] Así emsmo, encargouse do deseño e a supervisión do gravado dun novo modelo de billetes de 500 e de 1.000 francos iniciado en 1842.[9]

Deseño do Gran Selo de Francia, obra de Jacques-Jean Barre (1848).[10]

Xa baixo a II República (1848-1852), en 1848 foi o autor da matriz para unha nova versión do Gran Selo da República Francesa, e tamén do da Asemblea Nacional.[4] Do mesmo xeito, ese mesmo ano foi o encargado do deseño e do gravado dos primeiros selos postais de Francia, coa efixie de Ceres, e posteriormente tamén dos emitidos co busto de Napoleón III (1852-1870), que serían logo impresos na Casa da Moeda de París por Anatole Hulot en 1876.[11][12][13]

Logo de se ter ocupado moi pouco das moedas durante a II República, agás a moeda de cinco francos retomada do tipo deseñado por Augustin Dupré, tivo que esperar á elección de Luís Napoleón Bonaparte (futuro Napoleón III) como presidente da República, en decembro de 1848, para que se lle encomende o gravado de cuños monetarios. Durante o curto período republicano antes do golpe de Estado do 2 de decembro de 1851, fixo o gravado das moedas de 5 francos e de 1 franco coa efixie espida de Luís Napoleón, que levaban nas lendas dos seus reversos a mención RÉPUBLIQUE FRANÇAISE.[14] E despois, proclamado o Imperio en 1852, gravou as mesmas moedas pero esta volta coas lendas NAPOLÉON III EMPEREUR no anverso e EMPIRE FRANÇAIS no reverso.[15]

Jacques Jean Barre foi o gravador deste rappen suízo de 1910.[16]

Ademais de moedas francesas, Barre gravou tamén as moedas de 1 e de 2 céntimos de Suíza que se cuñaron entre 1850 e 1946, sobre deseños de Alexander Hutter.[17]

En 1834, Jacques Jean Barre recibiu a cruz da Lexión de Honra.[18]

En 1855, afectado por unha doenza, dimitiu das súas funcións como gravador xeral de Francia, posto no que foi sucedido primeiro polo seu fillo máis novo Désiré Albert Barre e a continuación polo seu fillo máis vello, Jean Auguste Barre.[1][18]

Escolma de traballoseditar a fonte

Notaseditar a fonte

Véxase taméneditar a fonte

Bibliografíaeditar a fonte

Outros artigoseditar a fonte

Predecesor:
Nicolas Pierre Tiolier
Francia
Gravador xeral de moedas de Francia

1843 - 1855
Sucesor:
Désiré Albert Barre
🔥 Top keywords: Main PageSpecial:SearchWikipedia:Featured picturesYasukeHarrison ButkerRobert FicoBridgertonCleopatraDeaths in 2024Joyce VincentXXXTentacionHank AdamsIt Ends with UsYouTubeNew Caledonia2024 Indian general electionHeeramandiDarren DutchyshenSlovakiaKingdom of the Planet of the ApesAttempted assassination of Robert FicoLawrence WongBaby ReindeerXXX: Return of Xander CageThelma HoustonFuriosa: A Mad Max SagaMegalopolis (film)Richard GaddKepler's SupernovaWicked (musical)Sunil ChhetriXXX (2002 film)Ashley MadisonAnya Taylor-JoyPlanet of the ApesNava MauYoung SheldonPortal:Current eventsX-Men '97