Portada

Artigo destacado

Simone Veil, anteriormente Simone Jacob, nada en Niza o 13 de xullo de 1927 e finada en París o 30 de xuño de 2017, foi unha política e maxistrada francesa. Nada no seo dunha familia xudía orixinaria de Lorena, foi deportada a Auschwitz cando tiña 16 anos, durante a Shoá, na que perdeu o seu pai, a súa nai e o seu irmán. Tras cursar os estudos de dereito e ciencia política entrou na maxistratura como alta funcionaria. Foi nomeada ministra de saúde en 1974 polo presidente Valéry Giscard d'Estaing, quen lle encargou a tarefa de lograr a aprobación da lei que despenalizaría o acceso das mulleres á interrupción voluntaria do embarazo. Esta lei foi logo coñecida como lei Veil. A raíz disto foi recoñecida como unha icona da loita contra a discriminación das mulleres en Francia. Foi a primeira muller en ocupar a presidencia do Parlamento Europeo en 1979, na primeira elección deste por sufraxio universal directo, posto que desempeñou ata 1982. É comunmente considerada unha das promotoras da reconciliación franco-alemá e da construción europea. De 1993 a 1995 foi ministra de asuntos sociais, saúde e urbanismo e número dous no goberno de Édouard Balladur. Despois formou parte do Consello Constitucional de 1998 a 2007, antes de ser elixida membro da Academia francesa en 2008. Consonte a decisión tomada polo presidente Emmanuel Macron, os restos de Simone Veil e do seu esposo foron depositados no Panteón de París o primeiro de xullo de 2018.

Sobre Galicia

Juana Capdevielle, nada en Madrid en 1905 e asasinada no monte da Gándara, ás aforas de Rábade, o 18 de agosto de 1936, foi unha intelectual e bibliotecaria española. Licenciouse en Filosofía e Letras pola sección de Historia na Universidade Central. Accedeu ao Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos aos vinte e cinco anos de idade e traballou como bibliotecaria na Biblioteca Nacional de España, na Biblioteca de Filosofía e Letras da Universidade Central e na Biblioteca do Ateneo de Madrid. Foi a primeira xefa dunha biblioteca universitaria de centro en España e unha das responsables do traslado das coleccións da Biblioteca de Filosofía e Letras á Cidade Universitaria de Madrid. Foi unha intelectual moi activa, como indica a súa participación nas Primeiras Xornadas Euxénicas Españolas (1933), no II Congreso Internacional de Bibliotecas e Bibliografía (1934) e na Sección de Historia do Ateneo de Madrid. A súa traxectoria profesional centrouse exclusivamente nas bibliotecas. Foi pensionada pola Junta para Ampliación de Estudos para ampliar os seus coñecementos sobre a clasificación decimal a través de estancias europeas, dado que xa estaba a aplicar este sistema na biblioteca do Ateneo e na biblioteca de Filosofía e Letras. Formou parte do Seminario de Biblioteconomía e da Asociación de Bibliotecarios y Bibliógrafos de España, onde exerceu o cargo de tesoureira. Implicouse na creación da primeira Exposición de Bibliotecas infantís realizada en España e na creación dunha biblioteca circulante no Hospital Clínico de San Carlos e máis tarde no hospital da Cruz Vermella.

Casada en marzo de 1936 co político de Izquierda Republicana Francisco Pérez Carballo, acompañouno á Coruña cando este asumiu o cargo de gobernador civil. Logo do golpe de estado do 18 de xullo, separouse do seu home ante o inminente asalto do goberno civil o día vinte e xa non o volveu ver, xa que foi fusilado na madrugada do 24. Días despois foi encarcerada e logo da súa liberación refuxiouse en Vilaboa (Culleredo). Foi asasinada e o seu corpo achado no km 526 da estrada Madrid - A Coruña, no monte da Gándara, ás aforas de Rábade, con disparos en peito e cabeza.

Tal día coma hoxe no ano...

Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 142 985 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 274 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource
Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento

Lingua
🔥 Top keywords: