Arthur C. Clarke

escritor de ciencia ficción británico


Sir Arthur Charles Clarke, máis coñecido como Arthur C. Clarke, nado en Minehead, (Somerset) o 16 de decembro de 1917 e finado en Colombo o 19 de marzo de 2008, foi un escritor e inventor británico. Autor de obras de divulgación e ficción científica, como The Sentinel ou 2001: A Space Odyssey.

Infotaula de personaArthur C. Clarke

Arthur C. Clarke no ano 2005.
Biografía
Nacemento(en) Arthur Charles Clarke Editar o valor em Wikidata
16 de decembro de 1917 (106 anos)
Minehead, Somerset, Inglaterra Inglaterra
Morte19 de marzo de 2008 (90 anos)
Colombo, Sri Lanka
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBorella Kanattha General Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSri Lanka (1956–2009) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónKing's College de Londres
Richard Huish College, Taunton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencia ficción e literatura de ciencia ficción Editar o valor em Wikidata
Ocupacióninventor , explorador , escritor , escritor de ciencia ficción , guionista , novelista , físico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoCiencia ficción
Pseudónimo literarioCharles Willis
E.G. O'Brien Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Air Force Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMarilyn Mayfield (1953–1964)
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webarthurcclarke.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0002009 Bitraga: 3904 Dialnet: 1954892 Musicbrainz: 0dba1485-2e95-42e7-a7cd-2b473095001c Discogs: 767150 WikiTree: Clarke-5054 Find a Grave: 25361500 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Xa de pequeno mostrou o seu fascinación pola astronomía, cun telescopio caseiro debuxou un mapa da lúa. Terminados os seus estudos secundarios en 1936, trasládase a Londres. Durante a segunda guerra mundial, serviu na Royal Air Force (Forza Aérea Real) como especialista en radares, involucrándose no desenvolvemento dun sistema de defensa por radar, e exercendo como instrutor da nacente especialidade. Concluída a guerra, publica o seu artigo técnico Extra-terrestrial Relays, no cal senta as bases dos satélites artificiais en órbita xeoestacionaria (chamada, no seu honor, órbita Clarke), unha das súas grandes contribucións á ciencia do século XX. Este traballo valeralle numerosos premios, bolsas e recoñecementos.

Nese período estuda matemáticas e física no prestixioso King's College de Londres, estudos que finalizou con honores. Tamén exerceu varios anos como presidente da Sociedade Interplanetaria Británica (BIS), feito que demostra a súa grande afección pola astronaútica.

A súa sona mundial consolidouse coas súas intervencións na televisión: na década dos 60, como comentarista da CBS das misións Apolo; e na década dos 80, grazas a un par de series de televisión que realizou.

Tamén son coñecidas as súas famosas leis de Clarke, publicadas no seu libro de divulgación científica Perfís do Futuro (1962). A máis popular (e citada) delas é a chamada "Terceira Lei de Clarke": Toda tecnoloxía dabondo avanzada é indistinguible da maxia.

Desde 1956 viviu na illa de Sri Lanka (antiga Ceilán), polo seu interese pola fotografía e a exploración submarina.

Tamén no seu honor prestou o seu nome a un asteroide, 4923 e unha especie de dinosauro Ceratopsian, o Serendipaceratops arthurcclarkei descuberto en Inverloch, Australia.

Clarke e a ficción científica

Comezou a escribir ficción científica ao finalizar a guerra. O primeiro conto publicado foi Partida de Rescate, que apareceu no o número de maio de 1946 de Astounding e que lle serviu como punto de partida dunha frutífera carreira. Entre os seus primeiros relatos destaca O sentinela (The Sentinel), que serviu de base para a súa novela 2001: Unha odisea do espazo (1968) e para a película do mesmo nome do director Stanley Kubrick.

Pódense diferenciar claramente tres etapas na súa produción:

  • As novelas utópico/humanistas dos anos 50, principalmente O fin da infancia, A cidade e as estrelas e a propia 2001: Unha odisea do espazo
  • O rigor científico dos anos 70, pola que será incluído entre os autores de ficción científica dura, con obras como Cita con Rama e sobre todo The Fountains of Paradise
  • Unha última etapa a finais dos 80 e nos 90, onde Clarke comparte a autoria dos seus principais títulos, pechando as grandes sagas (RAMA e 2001), véndose un perfil claramente político/social como en "Factor Detonante" ou "Sismo Grado 10", sen perder o carácter de obra de ficción científica.

Estilo

Moitos dos seus relatos iniciais xiran ao redor dunha trama científica, á que gustaba de adornar cun final sorprendente. Resolve a maioría das súas obras cun ton xeralmente aséptico, sen floreos nin artificios, deixando que sexan as ideas encerradas as que manteñan a atención do lector. Este estilo só se rompe para permitir certo grao de fino humor elaborado.

En canto aos seus temas, xiran en torno a dúas ideas fundamentais: optimismo polos beneficios do progreso científico (polo que destacou nunha época de certo desalento tralo lanzamento das bombas atómicas), e o encontro con especies e culturas superiores (sempre nun ton moi paternalista).

Como divulgador científico, foi sempre comparado (e equiparado) pola súa claridade e amenidade con outro coetáneo: Isaac Asimov.

Bibliografía[1]

Novela

  • The Sands of Mars (1951)
  • Prelude to Space (1953)
  • Childhood's End (1953)
  • The City and the Stars (1956)
  • A Fall of Moondust (1961)
  • 2001: A Space Odyssey (1968) (levado ao cine no mesmo ano e co mesmo título orixinal, 2001: A Space Odyssey, traducido ao galego como 2001: Unha odisea do espazo)
  • Cita con Rama (Rendezvous with Rama, 1972)
  • A Meeting with Medusa (Nebula Award for best novella) (1972)
  • Imperial Earth (1975)
  • The Fountains of Paradise (1979)
  • 2010: Odyssey Two (1982)
  • The Songs of Distant Earth (1986)
  • 2061: Odyssey Three (1987)
  • 3001: The Final Odyssey (1997)
  • The Light of Other Days (2000) (con Stephen Baxter)

Relatos

  • Expedition to Earth (1953)
  • Reach for Tomorrow (1956)
  • Tales from the White Hart (1957)
  • The Other Side of the Sky (1958)
  • Tales of Ten Worlds (1962)
  • The Nine Billion Names of God (1967)
  • The Wind from the Sun (1972)
  • The Best of Arthur C. Clarke (1973)
  • The Sentinel (1983)
  • The Collected Stories of Arthur C. Clarke (2001)
  • Os fogos internos[2] (no orixinal, The Fires Within, 1947)

Non ficción

  • Interplanetary Flight: an introduction to astronautics. Londres: Temple Press, 1950
  • The Exploration of Space. Nova York: Harper, 1951
  • Voice Across the Sea. Nova York: Harper, 1958
  • Voices from the Sky: Previews of the Coming Space Age. Nova York: Harper & Row, 1965
  • Astounding Days: A Science Fictional Autobiography. Londres: Gollancz, 1989
  • Greetings, Carbon-Based Bipeds! : Collected Works 1934-1998. Nova York: St. Martin's Press, 1999

Premios

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: