Colocación do pronome átono en galego

regra gramatical

 Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego

Posición por defecto

Por regra xeral, o pronome átono vai colocado sempre detrás do verbo e pegado a el.

Pronome ben colocadoPronome mal colocado
Gustoume a películaA película me gustou
Onte vinte pola rúaOnte te vin pola rúa

Excepcións

Hai determinadas palabras que, precedendo ao pronome, fan que o pronome se coloque diante do verbo. Neste caso o pronome non vai pegado ao verbo. Estas palabras son:

  • As que marcan subordinación: que (aínda que, sempre que, posto que, xa que, ...) se ...
Pronome ben colocadoPronome mal colocado
Dixo que te vira onteDixo que vírate onte
Se llo regalas, terás un premioSe regálasllo, terás un premio
  • Os adverbios de negación (non, nunca, xamais)
Pronome ben colocadoPronome mal colocado
Non o vinNon vino
  • Os adverbios de dúbida (quizais, talvez, seica, disque)
Pronome ben colocadoPronome mal colocado
Quizais che pregunte mañá a lecciónQuizais pregúnteche mañá a lección
Seica te veu ver teu paiSeica veute ver teu pai
  • Algúns outros adverbios: xa, só, ben, mal, axiña, sempre, aínda, aquí, aí, alí, máis, menos ...
Pronome ben colocadoPronome mal colocado
Xa cho dixo aquela rapazaXa díxocho aquela rapaza
llo contei á miña sograSó conteillo á miña sogra
Sempre te estás a meter comigoSempre estaste a meter comigo
Aínda cho pedín o outro díaAínda pedincho o outro día
Máis nos valería marcharMáis valeríanos marchar
Aquí o tesAquí telo
  • Os pronomes interrogativos: onde, cando, canto, como
Pronome ben colocadoPronome mal colocado
Canto lle deches ... ?Canto décheslle ... ?
  • Algúns indefinidos: ninguén, alguén, calquera, mesmo, algo, nada, bastante, ...
Pronome ben colocadoPronome mal colocado
Ninguén mo dixoNinguén díxomo
Nada che deboNada déboche

Posición variable

Nalgúns casos o pronome pode ir diante ou detrás:

  • Cando o precede unha preposición
Pronome ben colocado
Para dicirlle iso cómpre valor

Para lle dicir iso cómpre valor

  • Nas perífrases verbais pode ir a carón do verbo principal (téñoche que dicir), despois da conxunción ou preposición (teño que che dicir) ou detrás do verbo se este está en infinitivo (teño que dicirche)
Pronome ben colocadoPronome mal colocado
Téñoche que dar unha boa noticia

Teño que che dar unha boa noticia
Teño que darche unha boa noticia

Che teño que dar unha boa noticia

Véxase tamén

Outros artigos