Contactor
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático.Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente.O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.Ten unha única posición de traballo, xa que permanece accionado unicamente mentres recibe enerxía eléctrica. Cando deixa de recibila, retorna á súa posición orixinal.
Composición
O contactor está composto por diversos elementos, tales como os contactos principais, os contactos auxiliares e o circuíto electromagnético.
Os contactos principais son aqueles a través dos cales se alimenta ao accionador ou motore que permiten a circulación de grandes intensidades de corrente, de aí que se denominentamén contactos de potencia. Intégranse no circuíto de potencia.
Os contactos auxiliares son os que se utilizan para o sistema de control ou mando. Podenser normalmente abertos, NA (manteñen ausencia de contacto entre os seus extremos oubornes cando o contactor está en repouso), ou cerrados, NC, que funcionan de forma inversaaos anteriores. Tanto uns como outros, permiten o paso de correntes de baixa intensidade, que son asempregadas no circuíto de mando. Intégranse no circuíto de mando.
O circuíto electromagnético está composto dun electroimán, que acciona, simultaneamente,os contactos principais e os auxiliares.
Dito electroimán, á súa vez, está formado por unha bobina, un circuíto magnético.
O circuíto magnético está composto dunha culata ou parte fixa e dun martelo ou parte móbil,que será o elemento atraído pola bobina cando esta recibe enerxía eléctrica.
Outros compoñentes do contactor son a carcasa, que serve de envolvente exterior,e o resorte, que ten a función de facer retornar o martelo á súa posición de repouso cando sedesconecta a alimentación eléctrica na bobina.
Características dun contactor
Endurancia eléctrica
Defínese como o número medio de manobras en carga que os contactos de forza podenefectuar sen mantemento.A endurancia eléctrica depende da categoría de emprego, da corrente e da tensión asignadade emprego.
Endurancia mecánica
Defínese como o número medio de ciclos de manobras en baleiro, (é dicir, sen corrente noscontactos principais) que o contactor pode efectuar sen fallos mecánicos.
Potencia consumida
A potencia dependerá do electroimán que se utilice. É un dato importante que cómpre ter en conta nodeseño do sistema automático cando a cantidade de contactores é elevada.
Alimentación eléctrica
Un contactor pode ser alimentado con CC ou en CA, dependendo das súas característicasconstrutivas.
Tensión de alimentación
En función das características do sistema, poderase elixir un contactor con diferentes tensiónsde alimentación. As máis habituais son 24V, 48V, 110V e 230V.
Contactores electrónicos
Os contactores electrónicos son equipos que xorden como resultado da evoluciónda tecnoloxía electrónica. Son equipos nos que o accionamento non se fai de formaelectromecánica senón electrónica. De aí que neles desaparezan compoñentes como o circuítoelectromagnético e non haxa partes móbiles para a conexión e desconexión dos circuítos demando e potencia.Os contactores electrónicos son tamén denominados contactores de estado sólido.Empréganse en aplicacións especiais, como regulacións, alta frecuencia de manobras etc.