David Perdomo

Actor e músico galego

David Lendoiro Perdomo, coñecido artisticamente como David Perdomo, nado na Coruña o 19 de decembro de 1979 é un actor e músico galego.[1]

David Perdomo
Nacemento19 de decembro de 1979
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactor e músico
Na rede
IMDB: nm3017474 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Estudou no Colegio Peñarredonda da Coruña e despois arte dramáticao na Escola Casa Hamlet da mesma cidade. Tamén foi alumno de Leo Bassi ou Churri Silva. Comezou a aparecer na TVG e a facer monólogos. Desde 2009 colaborou con Xosé Antonio Touriñán e Roberto Vilar no Land Rober. En 2010 participou nunha serie de Internet interpretando o personaxe de "Koruño" co seu falár característico. En 2011 participa no programa No le digas a mamá que trabajo en la tele con Dani Rovira, Goyo Jiménez e Iñaki Urrutia.[2]

É tamén músico, foi vocalista de diversos grupos (Señor Peligro[3]) e forma parte de Brainwash, ferrolá de banda de death metal.

Colaboracións en televisión e teatro

Actor de televisión

  • 2003: Avenida de América, serie televisiva (TVG) Personaxe episódico.
  • 2004: Diario de un skin, (Director: Jacobo Rispa) Actor especialista en loita escénica.
  • 2006: Zapping comando, espazo de humor (Faro Producciones). Actor secundario.[4]
  • 2007: Arredemo, cámaras ocultas (Productora CTV).
  • 2008: ¡Maldito bastardo! Como Primeira vítima.
  • 2009-2011: Land Rober, espazo televisivo de humor da TVG. (Productora CTV).
  • 2011: No le digas a mama que trabajo en la tele, humor de Cuatro. (Productora Mandarina).
  • 2013: Ilustres ignorantes (TV movies). 1 episodio.[5]
  • 2014: Luci (TV serie). 1 episodio
  • 2017: Casa Manola (serie TVG). 6 episodios.
  • 2018: Contou Rosalía (TV movie). Como Zuma. Dirixida por Raúl Veiga.
  • 2018: Los amigos - La pinícula. Como Leroy.[6]
  • 2019: Antes de perder (Serie de televisión). 1 episodio.
  • 2021: La noche D, TVE. Colaboración.[7]

Actor en curtametraxes

  • 2001: Alex y yo, dirixida por Pedro Santos Lacruz.
  • 2005: Mártires, dirixida por Xosé Garrido.
  • 2007: Auga, dirixida por Xosé Antón Ozo.
  • 2006: Polo Amor de Deus, dirixida por Javier García Cea. Con outras tres curtas forman parte da longametraxe Historias dunha torre.[8]
  • 2010: Koruño, el legado de Hércules, dirixida por Daniel López.
  • 2013: Canillejas. Como Ricardito de Verea.

Actor de teatro

  • 2000 - 2006: Grupo de investigación de la Commedia dell’arte (Universidade de Pedagoxía do Teatro da Coruña. Grupo Estragón).
  • 2002 - 2003: Animal vacío, de Xesús Pisón (Director: Manuel Lourenzo) (Cía. de teatro profesional Casa Hamlet).
  • 2005 - 2006: ¿Están tolos estos romanos?, espectáculo infantil (Dirixido por Pablo Sánchez) (Cía. San y San).
  • 2005 - 2008: Yogur DaZe, espectáculo satírico.
  • 2006: The Gel Angels.
  • 2015: En crudo.[9]
  • 2019: A mariscada dos idiotas, con David Amor e J.J. Vaquero.[10]

Director/codirector

  • 2005 - 2008: Yogur DaZe, espectáculo satírico (Gañador do Fórum Comedia 2005).
  • 2006: The Gel Angels, espectáculo satírico. Codirector.

Guionista

  • 2007: Arredemo, espazo de cámaras ocultas (Productora CTV).[11]
  • 2008: O país dos ananos, talk-show familiar (Productora CTV).[12]

Premios

  • 2004: Premio ao mellor imitador na Bienal de Teatro Cómico de Ourense.
  • 2004: Gañador da II edición de monólogos “Pub d..antón”.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas