Diego Anido

actor galego

Diego Anido Alonso, nado en Santiago de Compostela o 8 de maio de 1976, é un actor e autor teatral galego. Como actor de cine, gañou o Premio Mestre Mateo ao mellor actor secundario polo seu papel en Malencolía, e foi nomeado aos Premios Goya polo seu traballo na premiada As bestas.

Modelo:BiografíaDiego Anido

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo, actor Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm3661978 Allocine: 819530 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

Comezou a facer teatro na súa Compostela natal e estudou interpretación na escola Espazo Aberto.[1] Durante a súa xuventude tamén se dedicou á música, formando parte das bandas Hemisferio Izquierdo e Taxi Driver.[1] En 2004 presentou a primeira obra teatral da súa autoría, titulada Paperboy. que interpretaba el mesmo.[2][1] A continuación trasladouse a Barcelona, onde residiu durante varios anos. Alí estreou o seu segundo traballo persoal, El Alemán, e foi un dos creadores da Agrupación Señor Serrano.[3] Formou parte da plataforma de creación Àrea Tangent, de onde saíu a súa terceira obra: Cascuda.[2] Colaborou co Centro Dramático Galego e en 2017 regresou definitivamente a Galicia, instalándose no Pino, xunto á súa familia.[4][3]

Aínda que na década de 2000 xa fixera breves incursións no audiovisual, aparecendo brevemente na serie de televisión Pepe o inglés e protagonizando xunto a Miguel de Lira,o filme Pedro e o capitán, o seu primeiro traballo de importancia no cine chegou en 2018, cando interpretou un dos papeis protagonistas do filme de Xacio Baño Trote.[5] En 2020 interpretou o papel de Couto no filme Ons, de Alfonso Zarauza, e ao ano seguinte estreouse Malencolía, do mesmo director e cuxo traballo lle valeu o Premio Mestre Mateo ao mellor actor secundario na gala celebrada en 2022.[6]

En 2022 chegoulle a súa grande oportunidade no cine, cando lle ofreceron un dos papeis protagonistas de As bestas, filme de Rodrigo Sorogoyen baseado na historia real dun crime acontecido en Santoalla, no concello de Petín.[7] Aínda que inicialmente ía ter só un pequeno papel na película, a marcha de Pedro Alonso posibilitou que ocupase o lugar deste interpretando a Lorenzo Antas,[1] traballo polo que foi nomeado ao Premio Goya á mellor interpretación masculina secundaria na edición de 2022, un galardón que foi parar ao seu compañeiro no filme, Luis Zahera.[8] As bestas foi a gran triunfadora de dita edición dos Goya, con 9 premios, e obtivo tamén o galardón a mellor película estranxeira nos Premios César de Francia.[9]

Obras

Teatro

Actor

Danza contemporánea

  • ...de San Vito (Andrés Corchero)

Longametraxes

Televisión

Curtametraxes

  • Katiuska (Os corpos agrícolas) (Antón Coucheiro Filde, 2006).
  • Sebastián (Alfonso Vilas Zarauza, 2001).
  • Os días do caos (Xosé Manuel Bazarra Maneiro "Sepi", 2001).

Galardóns e nomeamentos

Premios Goya

AnoCategoríaFilmeResultado
2022Mellor actor secundarioAs bestasNomeado

Premios Mestre Mateo

AnoCategoríaFilmeResultado
2021Mellor actor secundarioMalencolíaGañador

Notas