Google Play

plataforma de distribución dixital de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android

Google Play (anteriormente Android Market) é unha plataforma de distribución dixital de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android, así como unha tenda en liña desenvolvida e operada por Google. Esta plataforma permítelles aos usuarios navegar e descargar aplicacións (desenvolvidas mediante Android SDK), xogos, música, libros, revistas e películas. Tamén se poden adquirir[1] dispositivos móbiles como ordenadores Chromebook, teléfonos intelixentes Nexus, Google Chromecast, entre outros.

Google Play
Desenvolvedor(es)Google
Publicación inicial22 de outubro de 2008
Última versión20.9.10
(9 de xullo de 2020; hai 3 anos (2020-07-09))
Estado de desenvolvementoCon soporte.
Sistema operativoAndroid.
Plataforma/sAndroid, Android TV, Wear OS, Chrome OS, Web.
Lingua/sVarias.
Galego: OK
LicenzaPropietaria.
Sitio webplay.google.com/store/apps?hl=gl

As aplicacións atópanse dispoñibles de balde, así como tamén previo pago. Poden ser descargadas directamente dende un dispositivo con Android a través da aplicación móbil Play Store. É posible así mesmo instalar as aplicacións directamente e sen necesidade dunha computadora, en dispositivos con sistema operativo BlackBerry 10.[2]

En marzo de 2012, coa fusión de Android Market con Google Music, o servizo foi renomeado como Google Play, como resultado da nova estratexia de distribución dixital de Google. En xullo do 2013, anunciouse que Google Play excedera o millón de aplicacións publicadas e que se contabilizaran máis de 50 mil millóns de descargas.

Contidos

Aplicacións

Os usuarios teñen a posibilidade de instalaren aplicacións a través do sitio web do desenvolvedor ou mediante tendas de distribución dixital alternativas. Estas poden ou ben ser actualizadas automaticamente se o usuario así o establece, ou ben manualmente unha a unha.

O 17 de marzo de 2009, arredor de 2 300 aplicacións estaban dispoñibles en Android Market, de acordo[3] co director técnico de T-Mobile Cole Brodman. O 10 de maio de 2011, durante Google I/O, Google anunciou que en Android Market figuran 200 000 aplicacións[4] e que foron instaladas 4 500 000 000 veces.

AnoMesAplicacións
dispoñibles
Descargas ata a data
2009Marzo2 300[3]
Decembro16 000[5]
2010Marzo30 000[6]
Abril38 000[7]
Agosto80 000[8][9]1 000 millóns
Outubro38 000[10]
2011Maio200 0004 500 millóns[11]
Xullo250 000[12]6 000 millóns
Outubro319 000[13]
Decembro380 297[14]10 000 millóns[15]
2012Xaneiro400 000[16]
Outubro675 000[17]
2013Xaneiro800 000[18]
Xullo1 000 000[19]50 000 millóns[20]

Play Libros

Play Libros[21] é unha aplicación móbil que permite ler libros electrónicos. Foi desenvolvida por Google en febreiro de 2011 e ofrece máis de catro millóns de títulos que poden ser adquiridos a través de Google Play. Os libros adquiridos son almacenados na nube, con acceso directo na aplicación ou a través da web. Os usuarios poden almacenar máis de 1 000 ficheiros sen custo, sempre que cada ficheiro non supere os 50 MB de espazo.

O 15 de maio de 2013 actualizouse Play Libros engadindo a posibilidade de que os usuarios poidan subir ficheiro en formato PDF e EPUB. Play Libros atópase actualmente dispoñible en 44 países[22].

Play Xogos

Play Xogos é un servizo e aplicación desenvolvidos para Android, iOS e para web que engade a opción de multixogador en tempo real, logros, táboa de posicións e de gardar información na nube dos xogos que sexan compatibles co servizo. Foi presentado no Google I/O de 2013, e a aplicación foi lanzada o 24 de xullo dese mesmo ano no evento chamado "Breakfast with Sundar Pichai".

Play Newsstand

Google Play ofrece a posibilidade de subscribirse a revistas e diarios de noticias nalgúns países, entre os que están os Estados Unidos, Australia, o Canadá e o Reino Unido, isto a través das aplicacións Google Currents e Play Magazines. O 20 de novembro de 2013, Play Magazines e Google Currents fusionáronse dando lugar a Play Newsstand, aplicación que combina os servizos de ambas as aplicacións nun só produto.

Play Música

Play Música é un servizo de almacenamento e sincronización de música na nube, así como tamén unha tenda musical en liña lanzada en 2011, tras anunciala oficialmente durante a conferencia de desenvolvedores Google I/O do 10 de maio de 2011. O servizo permite o almacenamento gratuíto de cancións propias ata un total de 50 000, que ao sincronizárense na nube serán accesibles desde calquera punto. Tamén permite escoitar música a través de streaming, servizo que se ofrece mediante subscrición.

O servizo é accesible vía navegador, cliente de escritorio e smartphones con Android, aínda que tamén se pode acceder[23] desde outros sistemas operativos móbiles sempre e cando soporten Adobe Flash.

Aplicación Play Store

Historia

Google creou Android Market o 28 de agosto de 2008 e púxoo á disposición dos usuarios o 22 de outubro de 2008. Introduciuse soporte para as aplicacións de pago o 13 de febreiro de 2009 para os desenvolvedores dos Estados Unidos e do Reino Unido, coa axuda adicional de 29 países o 30 de setembro de 2010.

O 6 de marzo de 2012, o servizo foi relanzado cunha nova aparencia, así como cun novo nome, chamándose agora Google Play e contando nese momento con máis de 450 000 aplicacións dispoñibles[24]. A partir dese momento, os aparatos que non pudieran actualizar Android Market a Google Play deixaron de acceder ás novas aplicacións.

Clasificación de aplicacións

Google Play, igual que o seu competidor App Store, ten un sistema de clasificación por idades, aínda que desde o 8 de xuño de 2015 as apps son clasificadas por sistemas de clasificación por idades de diferentes rexións e países, sempre e cando non colidan con normas como ESRB ou PEGI.

  • Para todos: contido sen restricións de idade (equivale a 4+ de App Store).
  • Madurez baixa: recomendado para maiores de 6 o 7 anos (equivale a 9+ de App Store).
  • Madurez media: Recomendado para maiores de 12 anos (equivale a 12+ de App Store).
  • Madurez alta: Recomendado para maiores de 17 anos (equivale a 17+ de App Store).

Tamén existe a clasificación que se lles dá ás apps exentas de clasificación, introducida en 2015.

Interface

Google Play ten un acceso fácil e rápido ás súas aplicacións. Estas son creadas por desenvolvedores de todo o mundo e posteriormente puntuadas polos usuarios de Android.

O menú ten as seguintes opciones:

  • Mostrado: avanza polos iconas da parte superior para ver as aplicacións mostradas.
  • Aplicacións: examina todas as aplicacións ou busca aplicacións por categorías.
  • Xogos: examina todos os xogos ou busca xogos por categorías.
  • Busca: busca aplicacións en Google Play.
  • As miñas descargas: visualiza as aplicacións que están instaladas no dispositivo.

As categorías de xogos e aplicacións do menú principal proporcionan submenús para que a busca sexa máis sinxela. Os usuarios teñen a posibilidade de valorar as aplicacións cunha escala de 1 a 5 estrelas; tamén ofrece a posibilidade de poñer comentarios sobre a aplicación. Os desenvolvedores que publiquen as súas aplicacións poden engadir capturas de pantalla e vídeos.

Desenvolvedores

A gran novidade que achega Google Play atangue aos desenvolvedores: estes serán capaces de facer o seu contido dispoñible nun servizo aberto, o servizo de Google que ofrece unha retroalimentación e un sistema de cualificación similar a YouTube. Os desenvolvedores terán un contorno aberto e sen obstáculos para poñeren a disposición o seu contido; este pode subirse ao mercado en tres pasos: rexistrarse como comerciante, subir e describir o seu contido e publicalo. Para rexistrarse como desenvolvedor e subir aplicacións hai que pagar unha cota de rexistro (US$ 25,00) con tarxeta de crédito (mediante Google Checkout).

Os desenvolvedores das aplicacións de pago reciben un 70 % do prezo total da aplicación, mentres que o 30 % restante é destinado ás empresas. O beneficio obtido de Google Play págaselles aos desenvolvedores a través das súas contas no sistema Google Checkout.

Dispoñibilidade para desenvolvedores

Nun primeiro momento só os desenvolvedores nos Estados Unidos e o Reino Unido tiñan soporte para publicar aplicacións de pago. Actualmente Google aumentou esa lista con países como Austria, Francia, Alemaña, Italia, España e os Países Baixos. Polo contrario, a lista de países con dispoñibilidade de desenvolvedores que poden distribuír aplicacións gratuítas é: Australia, Austria, República Checa, República Dominicana, Francia, Alemaña, Italia, Países Baixos, Polonia, Singapur, España, Reino Unido, Estados Unidos e Venezuela.

Competencia e aliados

As dúas principais plataformas de móbiles son App Store de Apple e Google Play de Google, pero tamén hai outras como Samsung Apps de Samsung, AppGallery de Huawei, Nokia Store de Nokia, Market Place de Toshiba App, App World[25] de Blackberry, Tenda Windows[26] de Microsoft, App Store de Amazon, Palm App Catalog e SlideME.

O desenvolvemento de aplicacións para o iPhone non está sendo de fácil acceso como consecuencia da política de admisión de aplicacións de Apple, que é moi restritiva. En cambio, Google Play non fai tantas excepcións coas aplicacións, aceptando todas, propias ou de desenvolvedores, grazas á súa ferramenta Android SDK.

Polo que se refire ao número de descargas, Google Play superou a App Store en número de descargas desde xuño de 2013 e en 2014 conseguiu superar en número de aplicacións ofrecidas desde Google Play a App Store, a tenda de Apple. En España, a evolución de Google Play parece ser mellor comparada co nivel mundial. Ademais, é posible instalar aplicacións directamente no dispositivo, e disponse do arquivo APK da aplicación.

Seguridade

Google reportou que no 2015 procedeu a escanear 6000 millóns de aplicacións cada día na busca de elementos potencialmente daniños (Potential Harmful Apps), detectando 0,15 % de aplicacións nesta categoría, as cales foron retiradas da tenda de aplicacións. A porcentaxe aumentou ao 0,5 % cando se incluíron aplicacións non instaladas a través de Google Play. Estas porcentaxes foron relativamente estables ao longo dos anos. Entre as súas políticas para promover a seguridade, Google incorporou a encriptación de discos e a oferta de recompensas a quen atope fallos na distribución das aplicacións[27]. Ademais, a constante actualización da propia aplicación de Play Store retira os posibles bugs e fallos xerados nos novos terminais; desta forma, está en constante cambio para mellorar a seguridade da propia plataforma[28].

Problemas de patentes

Google Play podería estar patentado baixo a patente estadounidense 6857067. Os desenvolvedores que usan Google Play están sendo demandados[29].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • APK (formato)
  • Chrome Web Store
  • App Store
  • Aptoide

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: