Hardware

partes físicas que conforman un ordenador e os periféricos

O hardware,[1] o equipo ou soporte físico,[2] é o conxunto de partes físicas que conforman un ordenador (pantalla, teclado, monitor, rato etc) e os periféricos asociados (impresora etc). Está formado polos elementos de entrada, de control e de saída.

Compoñentes dun ordenador.
CPU

A partir desta palabra criouse a antónima: software.

Etimoloxía

A palabra inglesa harware provén das palabras "hard+ware" = "mercancía+dura", do inglés medio hard (duro) e do alto alemán ware (cousa, mercancía) e significa literalmente a ferralla.[3]

Tipos de hardware

O hardware pode clasificarse en varias categorías, segundo a súa función dentro dun sistema informático:

  1. Hardware de entrada: Este tipo de hardware permite ao usuario introducir datos no sistema informático. Exemplos deste tipo de hardware inclúen o teclado, o rato e o escáner.
  2. Hardware de saída: Este tipo de hardware permite ao sistema informático mostrar información ao usuario. Exemplos deste tipo de hardware inclúen o monitor, a impresora e os altofalantes.
  3. Hardware de almacenamento: Este tipo de hardware é utilizado para almacenar datos de forma permanente ou temporal. Exemplos deste tipo de hardware inclúen o disco duro, a memoria RAM e as unidades de estado sólido (SSD).[4]
  4. Hardware de procesamento: Este tipo de hardware é o que realiza os cálculos e procesamentos necesarios para que o sistema informático funcione. O exemplo máis común deste tipo de hardware é o procesador.[5]
  5. Hardware de rede: Este tipo de hardware permite a comunicación entre dous ou máis sistemas informáticos. Exemplos deste tipo de hardware inclúen o router, o módem e a tarxeta de rede.

Historia

A evolución do Hardware, pasou por cinco xeracións, que son:

  • Primeira xeración (anos 50-55): Os ordenadores estaban compostos por válvulas de baleiro, e o seu uso era estritamente militar e científico. Comezaba o uso do linguaxe máquina e das cintas, e tarxetas perforadas.
  • Segunda xeración (anos 55-60): Chega o transistor (máis barato, pequeno, fiable, con menos consumo...). Tamén comezan a impoñerse os primeiros linguaxes de programación, como o Fortran, Cobol, Algol e de máis. Os ordenadores xa contan coas primeiras memorias (serán de ferrita e magnéticas).
  • Terceira xeración (anos 60-70): O chip deixa desfasados a todos os dispositivos anteriores. Comeza a comercialización en masa de ordenadores, debido á enorme redución de tamaño e cartos. Invéntanse os primeiros Sistemas Operativos, que permitiran a multiprogramación, modo interactivo etc.
  • Cuarta xeración (anos 70-actual): Coa chegada do microprocesador a potencia dos computadores medra enormemente. Tamén axuda a aparición dos Sistemas Operativos de tempo compartido, que permitirán o uso do ordenador por parte de varios usuarios. As redes de comunicación e transmisión de datos implántanse tamén.
  • Quinta xeración (comezando): Co paso do tempo, a informática busca sistemas expertos, onde a súa entrada de datos deixe de ser mera información estruturada, para converterse en coñecemento. Utilizaranse de forma masiva a linguaxe humana e a intelixencia artificial. O hardware deixa de evolucionar tanto, porque tanta evolución deixa o software obsoleto, incapaz de explotar toda a potencia que as novas máquinas ofrecen.

Notas

Véxase tamén


 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: