Inferno

segundo o cristianismo, lugar onde as almas dos condenados recibirán castigo eterno

O inferno é, desde o punto de vista de varias relixións, mitoloxías e filosofías, un lugar onde van as almas dos pecadores que morreron en pecado mortal. A orixe do termo é latina infernum 'as profundidades' ou 'mundo inferior'.

Visión do inferno na Divina Comedia de Dante. Ilustración de Gustave Doré.

Dende moi cedo o inferno acadou un significado negativo, xa que era o lugar onde ían parar as almas condenadas despois da vida, a diferenza do ceo, lugar de eterna salvación.

Ao longo da historia houbo moitas interpretacións sobre o inferno. Destaca a obra cumio de Dante Alighieri, a Divina Comedia.

O xardín das delicias de Hieronymus Bosch adopta unha representación tríptica do dualismo entre a harmonía do ben e a anarquía, desorde e caos do mal.

Na Biblia

No cristianismo existen diversas concepcións respecto ao inferno, correspondentes ás diferentes correntes cristiás. A idea de que o inferno é un lugar de condenación eterna, tal como preséntase hoxe para diversas correntes cristiás, nin sempre foi e aínda non hai consenso entre os cristiáns. Nos primeiros séculos do cristianismo, houbo quen defendeu que a permanencia da alma no inferno era temporal, unha vez que inferno significa "sepultura", de onde, segundo os Evanxeos, a persoa pode saír cando resucita. Essa idea é defendida hoxe por varias correntes cristiás.

No Antigo Testamento

  • Seol[1]: Xénese, 37:35, 42:38, 44:29, 44:31 etc.
  • Hinnom[2]: Xeremías 19:6 etc.

No Novo Testamento

  • Hades[3]: Evanxeo de Mateu 11:23 16:18. Evanxeo de Lucas 10:15. Actos dos Apóstolos. 2:27,31. 1 Corintios 15:55. Apocalipse 1:18 6:8 20:13,14
  • Gehenna[4]: Evanxeo de Mateu 5:22,29,30, 10:28, 18:09, 23:15,33. Evanxeo de Marcos 9:43,45,47, Lucas 12:05, Carta de Santiago 3:6.

O inferno na cultura popular galega

Detalle do inferno, na igrexa de Santa María de Labrada, Guitiriz

Locucións

  • Estar un nos quintos infernos: estar algo ou alguén moi lonxe.
  • Mandar a un ós quintos infernos: despedir a alguén de malos modos.
  • Ser un moi mixiriqueiro pro inferno: ser alguén moi delicado, que se queixa por todo e en calquera circunstancia.
  • ¡Vaite ó inferno!: expresión de ira coa que se rexeita a alguén.

Refraneiro

  • Caldo sen pan no inferno o dan.
  • De boas intenciós está o inferno cheo.
  • Está o inferno cheo de mal agradecidos.
  • O inferno está cheo de bos desexos.
  • O inferno está cheo de bos desexos, e o ceo de boas obras.
  • San Xoán trae o inferno e san Andrés o inverno.
  • Un soilo demo non fai inferno.

Cantigueiro

  • Dúas cousas hai no mundo/ que non podio comprender:/ Que un cregho vaia ó inferno/ e un ciruxano morrer.
  • Murmura, murmuradora,/ murmura de min e doutro,/ que no inferno hai unha cama/ pra descansares un pouco.
  • Teño que cantar e rir,/ teño de pasar o tempo,/ o que estea no inferno/ que se meta máis adentro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía


 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.