Josephine Baker
Freda Josephine McDonald, máis coñecida polo pseudónimo de Josephine Baker, nada en Saint Louis o 3 de xuño de 1906 e finada en París o 12 de abril de 1975, foi unha bailarina e cantante afroamericana, coñecida como a Venus negra, cidadá francesa dende 1937.
Josephine Baker | |
---|---|
Nome completo | Freda Josephine McDonald |
Data nacemento | 3 de xuño de 1906 |
Nado en | St. Louis |
Falecemento | 12 de abril de 1975 |
París | |
Causa | hemorraxia cerebral |
Soterrada | Monaco Cemetery e Panteón de París |
Cónxuxe | Jo Bouillon |
Fillos | Akio Bouillon |
Ocupación | cantante, vedete, actriz de cinema, artista urbana, bailarina, músico de jazz, modelo, actriz, oficial, oficial de inteligência, escritora e activista polos dereitos civís |
Na rede | |
http://www.cmgww.com/stars/baker/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
Gañou o seu primeiro concurso de baile aos 14 anos, e comezou a actuar en vodeviles en Nova York. O 2 de outubro de 1925 actuou en París e obtivo un éxito inmediato co seu espectáculo de baile erótico no que aparecía case espida, despois dunha xira exitosa por Europa instalouse en París onde se converteu nunha estrela, nos seus espectáculos facíase acompañar do leopardo Chiquita, adornado cun colar de diamantes. O escritor Ernest Hemingway dixo dela que era a muller máis sensacional que ninguén vira nunca.[Cómpre referencia]
Convertida nunha musa para pintores e escultores, Baker protagonizou os filmes Zouzou (1934) e Princesse Tamtam (1935). Durante a segunda guerra mundial participou na Resistencia francesa.