Lady Gaga

cantante e actriz

Stefani Joanne Angelina Germanotta, máis coñecida como Lady Gaga[1], nada na cidade de Nova York o 28 de marzo de 1986, é unha cantante, compositora, música e actriz estadounidense.

Lady Gaga
Nome completoStefani Joanne Angelina Germanotta
AlcumeLady Gaga
Nacemento28 de marzo de 1986 e 20 de marzo de 1986
Lugar de nacementoLenox Hill Hospital
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaÍtalo-americanos e Franco-canadianos
Relixióncristianismo
Alma máterConvent of the Sacred Heart, Collaborative Arts Project 21, New York University Tisch School of the Arts, Lee Strasberg Theatre and Film Institute, Johns Hopkins Center for Talented Youth e Circle in the Square Theatre School
Ocupacióncantante, compositora de cancións, bailarina, empresaria, música, actriz de cinema, cantautora, actriz de televisión e actriz de dobraxe
PaiJoe Germanotta
NaiCynthia Germanotta
IrmánsNatali Germanotta
Coñecida porChristmas Tree, Eh, Eh (Nothing Else I Can Say), The Fame, Just Dance, Poker Face, Paparazzi, The Fame Monster, Bad Romance, Telephone, Alejandro, The Remix, Lady Gaga Presents the Monster Ball Tour: At Madison Square Garden, Born This Way, Born This Way, Judas, The Edge of Glory, A Very Gaga Thanksgiving, A Very Gaga Holiday, Artpop, Applause, Do What U Want, Million Reasons, Shallow, A Star Is Born, Rain on Me, Sour Candy e Stupid Love
PremiosMTV Video Music Award para Artista Revelação, MTV Video Music Award para Melhor Direção de Arte, MTV Video Music Award para Melhores Efeitos Visuais, Grammy Award por melhor interpretação vocal feminina pop, Grammy Award para Best Short Form Music Video, MTV Video Music Award para Video of the Year, Grammy Award para Best Traditional Pop Vocal Album, LennonOno Grant for Peace, Golden Globe Award de melhor atriz em minissérie ou filme para televisão, Óscar á mellor canción orixinal, Grammy Award para melhor álbum de dance ou eletrônica, Grammy Award para Best Dance Recording, Grammy Award para Best Pop Vocal Album, Grammy Award para Best Pop Duo/Group Performance, Grammy Award para Best Song Written for Visual Media, Grammy Award para Best Pop Solo Performance, Globo de Ouro de melhor canção original, American Music Award for Favorite Pop/Rock Female Artist, American Music Award for Favorite Pop/Rock Female Artist, BET Award para Vídeo do Ano, BAFTA de melhor banda sonora, MTV Video Music Award para Melhor Vídeo Feminino, MTV Video Music Award para Melhor Vídeo de Pop, MTV Video Music Award for Best Dance Video, MTV Video Music Award para Melhor Coreografia, MTV Video Music Award para Melhor Direção, MTV Video Music Award para Melhor Edição, MTV Video Music Award para Melhor Colaboração, MTV Video Music Award para Melhor Vídeo Feminino, MTV Video Music Award para Melhor Vídeo com uma Mensagem Social, MTV Video Music Award para Artista do Ano, MTV Europe Music Award for Best US Act, MTV Europe Music Award for Best Artist, ECHO Awards, The Record of the Year e Grammy Award para Best Traditional Pop Vocal Album
Na rede
https://ladygaga.com
IMDB: nm3078932 Allocine: 417702 Rottentomatoes: celebrity/lady_gaga Allmovie: p669908 TCM: 11392985 Metacritic: person/lady-gaga TV.com: people/lady-gaga
Facebook: ladygaga Twitter: ladygaga Instagram: ladygaga Snapchat: ladygaga Youtube: UCNL1ZadSjHpjm4q9j2sVtOA TikTok: ladygaga Souncloud: ladygaga Spotify: 1HY2Jd0NmPuamShAr6KMms iTunes: 277293880 Last fm: Lady+Gaga Musicbrainz: 650e7db6-b795-4eb5-a702-5ea2fc46c848 Songkick: 974908 Discogs: 1103159 Allmusic: mn0000994823 WikiTree: Germanotta-1 Deezer: 75491 Genius: Lady-gaga Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Aprendeu piano aos 4 anos e escribiu a súa primeira balada no piano aos 12 anos. Cando era nena, Lady Gaga asistiu á escola Convent of the Sacred Heart. Á idade de 17 anos entrou no Tisch School of the Arts, e alí estudou música. O seu primeiro espectáculo oficial promocional para The Fame foi no certame de elección e coroación de Miss Universo 2008, presentando a canción Just Dance; este single, alcanzou o número 1 nos Estados Unidos, Australia, o Canadá e o Reino Unido, entre outros.

Nos seus comezos en Interscope Records traballou coma compositora para artistas consagrados como Akon. Durante este período, comezou a introducir a súa música en locais de Nova York. Tralo recoñecemento por parte de Akon da talentosa voz de Gaga, este propúxolle que se unise ao seu selo discográfico Kon Live Distribution, co que Gaga empezou a preparar o seu álbum de estrea.

Stefani comezou a traballar cun grupo de asesores, estilistas de imaxe e diseñadores chamado Haus Of Gaga en 2008, editando en agosto de 2008 o seu álbum debut The Fame, no que ela falou, sobre como alguén pode sentirse famoso. O álbum alcanzou a primeira posición en países como o Reino Unido e o Canadá e tamén acompañou a aclamación da crítica. O álbum xerou unha serie de cuestións internacionais, tales como Just Dance, nomeada para Mellor Gravación Dance na 51ª edición dos Grammy Awards, Poker Face, gañadora de Mellor Gravación Dance nos Grammy Awards 52 , LoveGame e Paparazzi. Co gallo de colaboracións co apoio de New Kids on the Block e The Pussycat Dolls, Gaga comezou a súa propia xira, que titulou The Fame Ball Tour. O seu primeiro concerto promocional de The Fame oficial foi no concurso de Elección e Coroación da Independencia 2008 co single Just dance.

No 2009 sacou o seu segundo álbum, 'The Fame Monster'. O seu primeiro single 'Bad Romance' chegou ao número 1 das listas en máis de 20 países. O segundo single, 'Telephone', contou coa colaboración de Beyoncé, chegou ao número 1 en 10 países e tivo un vídeo moi polémico. O último single foi 'Alejandro', que chegou ao número 1 en máis de 20 países

Gaga foi influenciada pola moda e é apreciada polo seu sentido do estilo provocador e a súa influencia sobre moitos outros famosos. Inspirouse no Glam Rockers, como David Bowie e Queen e os cantantes pop como Michael Jackson e Madonna.

Discografía

Álbums de estudio

Singles

Singles promocionais

  • "Beautiful, Dirty, Rich" (2008)
  • "Hair" (2011)
  • "Venus" (2013)
  • "Dope" (2013)
  • "A-YO" (2016)
  • "Sour Candy" (con BLACKPINK) (2020).

Colaboracións

  • "Chillin" (Wale feat. Lady Gaga) (2009)
  • "Video Phone [Extended Remix]" (Beyoncé feat. Lady Gaga) (2009)
  • "The Lady Is A Tramp" (Tony Bennett feat. Lady Gaga) (2011)
  • "I Want Your Love" (Nile Rodgers & CHIC feat. Lady Gaga) (2018)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas