Mineral

sólido inorgánico cristalino de orixe natural

Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido.A ciencia que os estuda chámase mineraloxía.Así pois, as tres características básicas dos minerais son:

  • Material inorgánico de orixe natural.
  • Material cristalino, ordenado en celas unidade.
  • Material sólido, agás raras excepcións.
Xofre, exemplo de mineral formado por un só elemento químico; (S)
Cinabrio, exemplo de mineral formado por varios elementos químicos; (Hg e S)
Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación.

Hai minerais formados por un só elemento, como o xofre, ou por varios, como o cinabrio.

Clasificación

Un mineral pode ser clasificado con certa facilidade a simple vista, pero isto non sempre é posible. En moitas ocasións é necesario levar a cabo un estudo químico da súa estrutura para poder saber ante que nos atopamos. É logo necesario, para un estudo completo dos minerais, que se teñan en conta non só os aspectos externos e físicos da peza, tamén é importante o estudo dos átomos que o compoñen e a súa relación estequiométrica entre eles (fórmula química).

As propiedades físicas dun mineral

  • O sistema cristalino dinos como están ordenados internamente os átomos dun mineral.
  • A cor, debida á absorción de determinadas lonxitudes de onda polos átomos dun mineral, non é demasiado significativa, agás nalgúns minerais.
  • O brillo é a capacidade que posúen as superficies externas dun mineral de reflectir a luz. O brillo pode ser: metálico (galena), adamantino (diamante), vítreo (fluorita), resinoso (xofre), graxo (halita), anacarado (mica) ou terroso (cinabrio).
  • A dureza é a resistencia dun mineral a ser raiado por outro e a capacidade de raiar a un terceiro. Mídese segundo a escala de Mohs.
  • A fractura, é a forma na que racha un mineral.
  • A exfoliación é a capacidade dun mineral de ser separado en diferentes subestruturas. Pode ser: xeométrica, perfecta (como as láminas das micas), imperfecta (como a da pirita), moi imperfecta ou inexistente.
  • A raia é a cor do po dun determinado mineral. Mentres que a cor pode variar dun exemplar a outro nun mesmo mineral, a raia será sempre a mesma.
  • A densidade é a relación entre a masa da materia e o que ocupa (volume). Mídese en g/cm³.

Clasificación química e estrutural

A clasificación que utilizamos hoxe en día para estudar os diferentes tipos de minerais foi proposta en 1938 polo alemán H. Strunz. Esta séguese a usar nos nosos días, aínda que axustada lixeiramente. Baséase no estudo da composición química dos minerais para dividilos despois en diferentes clases. As clases son as seguintes:

Clasificación segundo caracterice unha rocha ou non

  • Minerais esenciais: son os minerais que sempre aparecen nun determinado tipo de rocha, polo que caracterizan á mesma.
  • Minerais accesorios: son minerais que poden ou non aparecer nun determinado tipo de rocha, polo que non caracterizan á mesma. Cando aparecen, preséntanse en cantidades mínimas.

A presenza dos minerais na codia terrestre

Os minerais están formados pola unión de diversos elementos químicos, pero a abundancia duns elementos e a escaseza doutros fai que só uns poucos elementos sexan de importancia e a ter en conta na formación dos minerais terrestres. O osíxeno e o silicio supoñen o 75% do volume total da codia terrestre. Estes elementos, xunto co ferro, sodio, potasio, calcio, aluminio e magnesio, supoñen o 99% do volume total e polo tanto o 99% de presenza no proceso de formación dos minerais terrestres.

Así pois, non tódolos minerais son igual de abundantes na Terra. A táboa que segue móstranos cales son os máis importantes segundo o seu volume total que representan:

MineralVolume
Plaxioclasio42%
Ortoclasio22%
Cuarzo18%
Anfíbolo5%
Piroxeno4%
Biotita4%
Magnetita2%
Olivina1%
Apatita1%
Outros1%

Aínda así, existen na Terra máis de 4.000 especies diferentes de minerais.

Artigo principal: Lista de minerais.

A xénese mineral

A formación dos minerais vén dada a través dos seguintes 5 tipos de mecanismos coñecidos:

  • Cristalización: Ó baixar a temperatura dunha masa fundida (o magma, por exemplo), as vibracións térmicas dos átomos diminúen e as forzas atractivas tenden a enlazalos quimicamente. Fano así moitos silicatos coma o cuarzo.
  • Sublimación dos gases: Ó arrefriar un gas, os átomos xúntanse e cristalizan en forma de minerais. O exemplo máis típico é o do xofre que aparece na base das fumarolas volcánicas.
  • Alteración superficial: Ven provocada polos axentes meteorolóxicos. Os minerais expostos a eles oxídanse e hidrátanse e transfórmanse noutros. É o caso da pirita que se converte en limonita ó sufrir estes procesos.
  • Precipitación das sales: Ó baixar a temperatura dunha solución, o disolvente evapórase e o soluto cristaliza debido ó descenso da temperatura e a presión. Así fano por exemplo a halita e a calcantita.
  • Metamorfismo: O aumento da presión e temperatura fai que algúns minerais troquen a súa estrutura e se transformen noutros. É o caso do grafito, que se converte en diamante se isto acontece.

Dureza

Escala de MohsMineralFórmula química
1TalcoMg3Si4O10(OH)2
2XesoCaSO4·2H2O
3CalcitaCaCO3
4FluoritaCaF2
5ApatitaCa5(PO4)3(OH,Cl,F)
6OrtoclasioKAlSi3O8
7CuarzoSiO2
8TopacioAl2SiO4(OH,F)2
9CorindónAl2O3
10DiamanteC

Galería

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: