Montanus de Haan Hettema

Montanus de Haan Hettema, nado en Boalsert o 28 de xaneiro de 1796 e finado en Ljouwert o 18 de decembro de 1873, foi un xurista frisón, coñecido polos seus traballos sobre o frisón antigo e a historia e xenealoxía frisoa.

Modelo:BiografíaMontanus de Haan Hettema

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1796 Editar o valor en Wikidata
Bolsward, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte18 de decembro de 1873 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Leeuwarden, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor en Wikidata
Membro de

Traxectoria

Montanus creceu en Boalsert, fillo do tendeiro Hans Hettema, católico e patriota, e de Jantje Gerbens de Albada. Montanus estudou en escolas da súa localidade natal, Uden e Ljouwert[1] e logo estudou dereito en Groninga que rematou co seu doutoramento coa disertación Ad locum codicis civilis de usufructu legali parentum in bonis liberorum o 7 de xuño de 1817 e logo exerceu como avogado en Ljouwert. En 1818 casou con Eufemia Smit (1795-1858), filla dun pousadeiro de Groninger e xa nai dunha nena. Seguiríanlle dezaseis fillos máis.

Malia proceder de familia burguesa, foi quen de aproveitar unha serie de reformas administrativas para elevar o seu status social e logrou ser admitido como jonkheer, nobre sen título, no seo da nobreza. Serviu nos Estados Provinciais de Frisia entre 1819 e 1829. En 1827 solicitou ao Consello Supremo da Nobreza o título de barón, sen éxito. En 1838 Anna Maria de Haan, viúva dun parente distante, adoptouno oficialmente e Montanus utilizou sempre o se apelido unido ao seu. Nese ano tamén pasou a ser xuíz do tribunal de distrito na capital frisoa. Durante os seus primeiros anos foi un fervente polemista católico, publicou folletos sobre temas católicos e o libro Het Concordaat (1841). Intentou seguir na carreira política, presentándose a deputado ou volver aos Estados Provinciais sen logralo e publicou un libro en 1840 sobre a reforma do voto Het Stemrecht in Nederland.

Ao arrefriar a súa carreira política, involucrouse na lingua frisoa e na historia xurídica moi influenciado por Jacob Grimm e Rask[2] e estudou a Junius en Oxford. En 1830 publicou Beknopte handleiding, om de oude Friesche taal, voor zoo verre zij in handschriften en in oude drukken nog bestaat, gemakkelijk te lezen en te verstaan, hoofdzakelijk voor diegenen, welke eenige kennis der tegenwoordige land-Friesche taal hebben no que defendía que a norma frisoa debería basearse na do antigo frisón como aparecía nos textos legais medievais. A súa tese convenceu[3] ao escritor Harmen Sytstra que escribiu nunha primeira época os seus textos nunha ortografía medievalizante que levou tamén para a primeira revista literaria frisoa Iduna. A norma, coñecida como norma Iduna, estaba moi arredada do frisón falado e recibiu numerosas críticas dos escritores frisóns mais durante un tempo competiu coa de Halbertsma, pero non chegou a ter ampla aceptación.En 1832 traduciu o libro de Rask Frisisk Sproglære co título de Friesche spraakleer pero modificándoo ao seu pracer para mellor adaptalo ás súas propias ideas[4].

Obra

  • Emsiger landregt van 1312 (1830)
  • Beknopte handleiding, om de oude Friesche taal, voor zoo verre zij in handschriften en in oude drukken nog bestaat, gemakkelijk te lezen en te verstaan, hoofdzakelijk voor diegenen, welke eenige kennis der tegenwoordige land-Friesche taal hebben (1830)
  • De Jurisprudentia Frisica (1834-35)
  • 35 Brieven van jhr. M. de Haan Hettema aan zijn echtgenote, verzonden tijdens zijn reis naar Kopenhagen (1838)
  • Oude Friesche wetten (1846-51)
  • Stamboek van den Frieschen, vroegeren en lateren, adel, uit oude en echte bescheiden en aanteekeningen, en met bijvoeging van de wapens der onderscheidene geschlachten, twa dln. (1846)
  • Idioticon Frisicum, póstumo (1874)
  • Montanus Hettema, Rinse Posthumus, Onze Reis Naar Sagelterland, Benevens Deszelfs Geschiedenis, Eene Beschrijving Van Den Aard, de Zeden, de Gewoonten Enz: Van Deszelfs Bewoners En Eene
  • Tradución de Friesche spraakleer de Rasmus Kristian Nielsen Rask

Bibliografía

  • G.A. Wumkes, Bodders yn de Fryske striid, Boalsert 1926, pp. 495-511;
  • J.J. Kalma, Dit wienen ek Friezen. In rige lytse biografyen V, Ljouwert 1974, pp. 50-56, 71-73; en
  • B. de Vries & Y. Kuiper, ‘Een vrije Fries die baron wilde worden, It Beaken 45 (1983), sd. 106-221.
  • B. Folkertsma, De stavering fan it Westerlauwerske Frysk yn de njoggentjinde iuw, Grins 1973, passim;
  • C.P. Hoekema, P. Karstkarel & Ph.H. Breuker, Eekhoff en zijn werk [...], Ljouwert 1980, passim.

Notas