The Elder Scrolls V: Skyrim

videoxogo de 2011

The Elder Scrolls V: Skyrim é un videoxogo de rol en mundo aberto desenvolvido por Bethesda Game Studios e publicado por Bethesda Softworks. É o quinto título da serie The Elder Scrolls, despois de The Elder Scrolls IV: Oblivion. Skyrim foi estreado internacionalmente o 11 de novembro de 2011, para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360. Foron estreados tres packs de expansión descargables, Dawnguard, Hearthfire, e Dragonborn, que foron incluídos na edición The Elder Scrolls V: Skyrim – Legendary Edition, estreada o 4 de xuño de 2013. The Elder Scrolls V: Skyrim – Special Edition, unha versión rematerizada do xogo, será estreado para Xbox One e PlayStation 4 o 28 de outubro de 2016. Nel estarán incluídos as tres expansións DLC e unha actualización gráfica completa para ámbalas dúas consolas.

The Elder Scrolls V: Skyrim
Logo do videoxogo.
Desenvolvedor(es)Bethesda Game Studios
Distribuidora(s)Bethesda Softworks
Director(es)Todd Howard
Produtor(es)Craig Lafferty
Ashley Cheng
Deseñador(es)Bruce Nesmith
Kurt Kuhlmann
Emil Pagliarulo
Artista(s)Matthew Carofano
Compositor(es)Jeremy Soule
MotorCreation Engine
Lanzamento2011[1]
XéneroRol
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Microsoft Windows, PlayStation 3, Xbox 360, PlayStation 4, Xbox One
SerieThe Elder Scrolls
Na rede
elderscrolls.com
IMDB: tt1814884 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A historia de Skyrim xira arredor da personaxe do xogador, que debe derrotar a "Alduin the World-Eater", un dragón que segundo unha profecía destruirá o mundo. O xogo está ambientado douscentos anos despois dos eventos de Oblivion e ten lugar na provincia ficticia de Skyrim. Ó longo do xogo, o xogador completa unha serie de misións, desenvolvendo e mellorando as súas habilidades. Skyrim continúa coa tradición do mundo aberto características dos títulos predecesores, o cal permite ó xogador viaxar onde queira en calquera intre, podendo pospoñer ou ignorar a historia principal indefinidamente.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: