Universidade de Pensilvania

75°11′O / 39.95, -75.19

A Universidade de Pensilvania (University of Pennsylvania, Penn ou UPenn) é unha universidade privada da Ivy League localizada en Filadelfia, Pensilvania. A universidade afirma que foi fundada en 1740[2][3] Princeton's library presents another diplomatically-phrased view.[4] e é un dos nove colonial colleges creados antes da declaración de independencia dos Estados Unidos de América. Benjamin Franklin, fundador e primeiro presidente de Penn, defendía un programa educativo que formaba líderes en comercio, goberno e servizo público, semellante a un currículo moderno en artes liberais cunha perspectiva práctica.[5]

Universidade de Pensilvania
University of Pennsylvania
Upper Quad Gate
Datos xerais
LocalizaciónFiladelfia (Pensilvania)
Fundación14 de novembro de 1740
Datos actuais
Alumnos22 432 (outono de 2019)[1]
Datos de contacto
Páxina webhttps://www.upenn.edu/
Facebook: UnivPennsylvania Twitter: Penn Instagram: uofpenn LinkedIn: university-of-pennsylvania Youtube: UCZuzhTcxpJZ1VEJ5s9H9MdA Flickr: 37180806@N03 Dialnet: 858583 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Penn ten unha produción científica moi alta[6] e lidera nas disciplinas de negocios, dereito, medicina, educación, artes, humanidades, ciencias sociais, negocios, arquitectura e enxeñaría.[7] Entre as súas escolas e facultades atópanse a Wharton Business School e a Escola de Medicina Perelman, a facultade de medicina máis antiga dos Estados Unidos. A "One University Policy" ("Política dunha universidade") de Penn permite o alumnado matricularse en clases de calquera das doce escolas da universidade.[8]

Historia

O seu nome orixinal foi Igrexa e Escola Caritativa de Filadelfia (Church and Charity School of Philadelphia). Por ser a primeira institución estadounidense en ter máis dunha facultade e ser a primeira que obtivo recoñecemento oficial como universidade, considérase tecnicamente a primeira universidade dos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: