Videoxogo de rol

xénero de videoxogo

Os videoxogos de rol son uns dos máis antigos representantes dos videoxogos. Sempre estiveron fortemente influídos por xogos de rol de mesa, exemplos claros diso son xogos baseados nas regras de Dungeons&Dragons, coma o clásico Eye of beholder ou os máis modernos Neverwinter nights e a súa continuación, Neverwinter nights II, ambos de Bioware; ou tamén, por exemplo, Vampire: the Masquerade Bloodlines, da desaparecida Troika games, baseado no universo homónimo.

Captura do videoxogo de rol libre FreedroidRPG.

Dinámica de xogo

A dinámica nos videoxogos de rol adoita ser variada e cunha significativa preferencia a historias abertas, nas cales é o xogador e as súas accións as que cambian a propia historia; moito máis clara ca noutros xéneros máis lineais, como os shooters.

A dinámica de xogo adoita estar influída pola raza do personaxe que se elixa, xa que neste tipo de xogos, nos cales impera a fantasía, non se ten demasiado en conta a realidade histórica.

O personaxe irá aumentando de nivel, mellorando así as súas capacidades e habilidades.

Será o xogador o que elixa cales serán as aptitudes do seu personaxe. O progama terá máis ou menos predefinidos estes camiños que pode tomar o xogador, por exemplo, o personaxe poderá chegar a ser un arquimago ou un paladin.Estas características normalmente aparecen representadas nunha táboa de estatísticas, que o xogador pode modificar ó subir de nivel co seu personaxe.

Estas características sérvenlle ao xogador e ó seu personaxe para progresar na aventura, xa que con elas o personaxe poderá ter máis forza, intelixencia etc; poderá facer certos conxuros, e levar armaduras ou armas máis contundentes, o que lle permitirá derrotar inimigos máis poderosos.

Para subir de nivel, o xogador deberá derrotar inimigos, facer as misión que permiten progresar na aventura e, nalgúns casos, facéndolle favores a xente que se atopa no camiño.

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: