Y

O Y (i grego) é unha letra do alfabeto latino coñecida como I graeca e que ten a súa orixe na letra ípsilon do alfabeto grego, utilizábase para transcribir palabras de orixe grega.

Abecedario
AaBbCcDdEe
FfGgHhIiLl
MmNnÑñOoPp
QqRrSsTtUu
VvXxZz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

Utilización en lingua galega

En galego utilizouse na época medieval[1], usouse no Rexurdimento, aínda que houbo voces que avogaban pola súa completa supresión, como Marcial Valladares[2] pero ao longo do século XIX e principios do XX mantívose a inseguridade ortográfica alternando y e i ata a publicación polo Seminario de Estudos Galegos en 1933 do folleto Algunhas normas pra a unificazón do idioma galego que establecía o uso exclusivo de i para o fonema /i/, criterio que secundou máis tarde a editorial Galaxia. As Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego non o inclúe entre as letras propias do alfabeto galego pero si como un signo recoñecido usado en palabras tomadas doutras linguas.

Usos

En química, é o símbolo do elemento químico itrio.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: