Épsilon
letra do alfabeto grego
- Véxase tamén: Epsilon (foguete).
Épsilon[1] é a quinta letra do alfabeto grego (ἔ ψιλόν); equivale ao /e/, vogal breve. Represéntase en minúscula como ε e en maiúscula como Ε. Adoita transcribirse como e.
O seu nome provén do da quinta letra do alfabeto fenicio hē, onde representaba o son /h/, laringal fricativa xorda, inexistente en grego: foi, pois, reutilizado para a notación dunha vocal, sons para os que os fenicios carecían de letra. Como signo numérico representaba o cinco. En maiúscula serve tamén para designar o quinto canto da Ilíada de Homero e en minúscula o quinto da Odisea.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
🔥 Top keywords: