Agustín Baamonde Díaz
Agustín Baamonde Díaz, nado en Vilalba o 8 de maio de 1950, é un avogado e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1950 (73 anos) Vilalba, España |
Alcalde de Vilalba | |
2016 – 2019 ← Gerardo Criado Guizán – Elba Veleiro → | |
Alcalde de Vilalba | |
1990 – 2005 ← José María García Leira – Gerardo Criado Guizán → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Irmáns | Esther Baamonde Díaz |
Traxectoria
Licenciado en dereito pola USC. Concelleiro en Vilalba, en 1987 foi nomeado Primeiro tenente de alcalde. O 22 de xaneiro de 1990 foi elixido alcalde en substitución de José María García Leira. Presentouse ás eleccións municipais de 1991 encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, ata o 12 de maio de 2005 que deixou o cargo ao ser elixido deputado no Parlamento de Galicia. Foi deputado provincial (1991-2005). O 2 de novembro de 2016 substituíu a Gerardo Criado Guizán na alcaldía de Vilalba.[1]
Nas eleccións municipais de 2019 foi sucedido na alcaldía por Elba Veleiro, do PSdeG.[2]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Baamonde Díaz, Agustín". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 49. ISBN 84-8064-113-4.