Airbus Helicopters

Airbus Helicopters SAS (anteriormente Eurocopter Group) é a división de fabricación de helicópteros de Airbus. É a compañía máis grande da industria en termos ingresos e helicópteros de turbina entregados. A súa sede atópase no aeroporto de Marsella Provenza, en Marignane, Francia, preto de Marsella. As súas principais instalacións atópanse en Marignane e en Donauwörth, Alemaña, con plantas de produción adicionais no Brasil (Helibras), Australia, España e os Estados Unidos. A compañía foi renomeada Airbus Helicopters o 2 de xaneiro de 2014.[1]

Airbus Helicopters
Tipodivisión
Fundación1992
MatrizAirbus
LocalizaciónMarignane Francia
Industriaaeroespacial
Produtoshelicópteros
Número de empregados23 000
Na rede
http://www.airbushelicopters.com
Facebook: AirbusHelicopters Twitter: airbusheli Instagram: airbus_helicopters Youtube: UC4Dq9cxEDnM5WRtJyKlgEyg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

Airbus Helicopters formouse en 1992 como Eurocopter Group a través da fusión das divisións de helicópteros de Aérospatiale e DASA. A herdanza da compañía remóntase a Louis Blériot e Lioré et Olivier en Francia e a Messerschmitt e Focke-Wulf en Alemaña.[2]

Airbus Helicopters e as compañías predecesoras estableceran unha gran cantidade de fitos na industria dos helicópteos, como o primeiro helicóptero de produción cun turboeixo (o Aérospatiale Alouette II de 1955); a introdución do rotor de cola Fenestron (no Gazelle de 1968); o primeiro helicóptero certificado para voos completos en condicións de xeo (o AS332 Super Puma en 1984); o primeiro helicóptero de produción cun sistema de control fly-by-wire (o NHIndustries NH90); o primeiro helicóptero en usar un control primario fly-by-light (un banco de probas EC135 en 2003); e a primeira aterraxe dun helicóptero no Everest (conseguido por un AS350 B3 en 2005).[3]

Como consecuencia da fusión dos anteriores participantes de Airbus Helicopters en 2000, a firma no presente é unha filial propiedade na súa totalidade de Airbus. A creación do que entón foi chamado EADS en 2000 tamén incorporaba á española CASA, que tamén tiña unha historia relacionada cos helicópteros que se remontaba aos tempos de Talleres Loring, e incluía a montaxe local do Bo105.

No presente Airbus Helicopters ten catro fábricas principais en Europa (Marignane e La Courneuve en Francia, e Donauwörth e Kassel en Alemaña), e outras 32 de filiais e participantes en todo o mundo, como as de Brisbane en Australia, Albacete en España e Grand Prairie nos Estados Unidos.[4]

Dende aproximadamente 2006 Eurocopter estivo involucrado no proxecto do proposto Futuro Helicóptero de Transporte Paneuropeo.[5]

En 2014 había máis de 12 000 aparellos de Airbus Helicopters en servizo con máis de 3 000 clientes de 150 países.[6]

No ano 2019 Airbus Helicopters obtivo 369 pedidos de 161 clientes en 51 países e entregou 332 aparellos, conseguindo o 54% do mercado de halicópteros en todo o mundo.[7]

Produtos

Algúns dos helicópteros foron renomeados en 2015, asemellándose ao nome dos avións de Airbus.[8] Cando a división cambiou o seu nome de Eurocopter Group e Airbus Helicopters en 2014 modificáronse os nomes comerciais dos produtos (aplicados ata o 1 de xaneiro de 2016) para reflectir isto. Os sufixos, así como a diferenciación para motores simples ou bimotores, deixaron de usarse. As versións militares debían ser simbolizadas coa letra M. As únicas excepcións a esta nova marca foron o AS365, o AS565, o Tiger e o NH90, que mantiveron os seus nomes.[9]

NomeTipoImaxeIntroducidoMTOW
H125Lixeiro monomotor 19752 250 kg
H130Lixeiro monomotor 20012 500 kg
H135Lixeiro bimotor 19962 980 kg
H145Lixeiro bimotor 20023 700 kg
H155Medio bimotor 19994 920 kg
H160Medio bimotor 20196 050 kg
H175Súper medio bimotor 20147 800 kg
H215Pesado bimotor 19809 150 kg
H225Pesado bimotor 200411 200 kg
NH90Utilitario militar bimotor 200610 600 kg
TigerAtaque militar bimotor 20036 600 kg

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: