Amanda Lear

Cantante, actriz, presentadora de televisión, pintora, ex letrista, exmodelo francesa.

Amanda Lear, nada como Tap ou Tapp[1] en 1939,[2][3][4][5][6] é unha cantante, letrista, pintora, presentadora de televisión, actriz e modelo francesa.

Infotaula de personaAmanda Lear

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1939 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Cidade Ho Chi Minh Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSaint-Étienne-du-Grès
Nell Gwynn House (en) Traducir
Hotel La Louisiane (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Arte de Saint Martin
Academia de Belas Artes Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , presentadora de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica disco, música pop, new wave, música para bailar, Eurodance (pt) Traducir, música rock, pop dance, Euro Disco (pt) Traducir, Jazz e Italo Disco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa, lingua italiana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoAriola Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAlain-Philippe Malagnac (1979–2000)
ParellaSalvador Dalí Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webamandalear.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0495166 Allocine: 35822 Rottentomatoes: celebrity/amanda_lear Allmovie: p291779 Metacritic: person/amanda-lear
Facebook: reinelear Twitter: reinelear Instagram: amanda.lear MySpace: reinelear Youtube: UC8Cefp6uwyDpN7cRHb4seSQ Bandcamp: amandalearSouncloud: amanda-lear-official Spotify: 0Xkd9GsWwOYETVF0kPXZIG iTunes: 16685636 Last fm: Amanda+Lear Musicbrainz: 2f2608ed-ff2b-400e-b614-8c648bfaae7b Songkick: 154505 Discogs: 51229 Allmusic: mn0000746385 Deezer: 68989 Genius: Amanda-lear Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

As orixes de Lear non están claras, e a cantante deu diferentes informacións sobre a súa ascendencia e mantivo o seu ano de nacemento en segredo para o seu marido.[7] Discutiuse o seu ano e lugar de nacemento, o xénero que se lle asignou ao nacer, os nomes e a nacionalidade do seu pai e o lugar onde creceu. A maioría das fontes indican o 18 de xuño de 1939[4][8] ou o 18 de novembro de 1939 como o seu nacemento, incluída GEMA. Porén, o seu ano de nacemento foi dado como 1941,[9] 1946,[10] e 1950. Durante unha entrevista en 2010 para o xornal francés Libération, Lear amosou o seu carné de identidade ao xornalista, e leu "nada o 18 de novembro de 1950 en Saigón".[11] Non obstante, a data parece fabricada, xa que os rexistros públicos indican que comezou a universidade en setembro de 1964 e que casou en decembro de 1965. Georges Claude Guilbert indica que "a maioría dos biógrafos cren que naceu en 1939, aínda que ela poida declarar o contrario".[3]

Como lugar de nacemento, as versións máis cribles son Saigón e Hong Kong,[7] mais tamén se rumorearon lugares como Singapur, Suíza ou Transilvania. Ela dixo que foi a única filla dos seus pais, que despois se divorciaron.[12] A maioría das fontes, incluído o certificado de voda de 1965 do rexistro de Chelsea,[13] confirman que o seu pai era oficial do exército francés (posiblemente de orixe británica). A súa nai parece que tiña ascendencia rusa-asiática.[14] Segundo a General Register Office for England and Wales, o seu nome de nacemento é Tap.[15][16][13][17][15][18] Segundo a república francesa, o seu nome de nacemento é Tapp.[1][19] Nunha entrevista en 1976 con Carmen Thomas para unha televisión alemá, Lear confirmou que o seu pai era británico e a súa nai rusa e que ambos xa faleceran.[20] Porén, posteriormente afirmou que a súa nai tiña ascendencia francesa.[7]

Lear comezou a súa carreira profesional como modelo a mediados da década de 1960, e traballou con Paco Rabanne ou Ossie Clark, outros artes. Coñeceu o pintor surrealista Salvador Dalí, e continuou a ser unha amiga achegada e a súa musa durante os seguintes quince anos. Lear fíxose coñecida para o público por ser a modelo na carátula do álbum de Roxy Music For Your Pleasure en 1973. Dende mediados da década de 1970 a principios da década de 1980 vendeu un millón de discos, especialmente en Europa continental e Escandinavia, con Ariola Records. Os seus primeiros catro álbums valéronlle unha gran popularidade, entrando no top 10 nas listaxes europeas, incluído Sweet Revenge (1978). Os seus grandes éxitos foron "Blood and Honey", "Tomorrow", "Queen of Chinatown", "Follow Me", "Enigma (Give a Bit of Mmh to Me)", "The Sphinx" e "Fashion Pack".

A mediados da década de 1980, Lear convereuse nunha personalidade dos medios italianos, onde presentou moitos programas de televisión. Aínda que a televisión tivo prioridade sobre a actividade musical,[21] continuou a gravar, experimentando con diferentes xéneros e tratando de revivir a súa carreira volvendo a gravar e mesturar éxitos anteriores. Ademais, desenvolveu unha carreira con éxito na pintura,[22] que describiu como a súa gran paixón,[23] e expuxo regularmente as súas obras en galerías de toda Europa dende os anos oitenta.[24][25] Escribiu varias autobiografías, como My Life with Dalí.

Dende a década de 1990, dividiu o seu tempo entre a música, a televisión, os filmes e a pintura. A pesar de publicar álbums regularmente, non volveu ter grande éxito na música, mentres que a súa carreir televisiva continuou a ser estelar, presentando numerosos programas de televisión en primetime, especialmente en Italia e Francia, facendo tamén aparicións ocasionais en series de televisión e filmes. A finais da década de 2000, Lear reinventouse como actriz de teatro, interpretando obras en Francia. Segundo indicou, vendeu máis de 27 millóns de discos en todo o mundo.[26] Lear é amplamente recoñecida como icona gay.[27][28]

Discografía

  • 1977: I Am a Photograph
  • 1978: Sweet Revenge
  • 1979: Never Trust a Pretty Face
  • 1980: Diamonds for Breakfast
  • 1981: Incognito
  • 1982: Ieri, oggi
  • 1983: Tam-Tam
  • 1985: A L
  • 1986: Secret Passion
  • 1989: Uomini più uomini
  • 1989: Tant qu'il y aura des hommes
  • 1989: Super 20
  • 1991: The Collection
  • 1993: Cadavrexquis
  • 1995: Alter Ego
  • 1998: Back in Your Arms
  • 2001: Heart
  • 2003: Tendance
  • 2005: Forever Glam!
  • 2005: Sings Evergreens
  • 2006: The Sphinx – Das Beste aus den Jahren 1976–1983
  • 2006: With Love
  • 2009: Brief Encounters
  • 2009: Brand New Love Affair
  • 2012: I Don't Like Disco
  • 2014: My Happiness
  • 2016: Let Me Entertain You

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: