Australosphenida

Australosfénidos
Australosphenida

Rango fósil: xurásico medio - actualidade

Equidna de fociño curto
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Subclase:Prototheria
Infraclase:Australosphenida
Luo, Cifelli, & Kielan-Jaworowska, 2001
Ordes
Véxase o texto

Segundo as modernas clasificacións, o dos australosfénidos (Australosphenida) é un clado de mamíferos da subclase dos prototerios. Hoxe, só hai cinco especies existentes, que habitan en Australia e Nova Guinea, pero atopáronse restos fósiles en Madagascar e a Arxentina. As especies existentes son o ornitorrinco e catro especies de equidnas.

Clasificación do clado

O clado dos Australosphenida foi proposto en 2001 por Luo et al., e orixinalmente non tiña clasificación, xa que estes autores non lle aplicaronn a taxonomía de Linneo.[1]

En 2005, Benton clasificouno como superdivisión, isto é. un ou dous niveis por debaixo da infraclase.[2]

Australosphenida (superdivisión ou infraclase)

Suborde Platypoda
Familia Kollikodontidae (†)
Familia Ornithorhynchidae – Ornitorrinco
Familia Steropodontidae (†)
Suborde Tachyglossa
Familia Tachyglossidae – Equidnas
  • Orde Ausktribosphenida (†)
Familia Ausktribosphenidae (†) - fósiles achados na Arxentina, Madagascar e Australia.
Xénero Ambondro
Xénero Asfaltomylos
Xénero Ausktribosphenos
Xénero Bishops
Xénero Henosferus

Trátase dun discutido grupo taxonómico sobre o que existen importantes controversias á hora de desenvolver as hipóteses que o sustentan.

O grupo caracterízase pola existencia de molares tribosfénicos tanto nas crías de ornitorrinco como nos fósiles doutros monotremas e de Ausktribosphenidae. Aínda que esta era unha característica que tradicionalmente viña aplicándose aos terios (Theria).

A xustificación que alegan Luo et al.[1] para establecer o clado Australosphenidaadica na evolución independente destes dous grupos de mamíferos, coincidindo en ambos os dous esta morfoloxía dentaria.

Porén, Benton[2] mantén que Ausktrobosphenida pertence en realidade a Eutheria, sen relación ningunha con Monotremata, polo que a existencia do clado non tería sentido.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: