Bandeira do Canadá

A bandeira do Canadá, tamén coñecida en inglés como The Maple Leaf (a bandeira da folla de pradairo») e en francés como l'Unifolié («a bandeira cunha soa folla»), oficialmente chamada Bandeira Nacional do Canadá, é unha bandeira vermella cun cadrado branco no seu centro, dentro do cal hai unha folla de pradairo vermella de 11 puntas. A súa adopción en 1965 marcou a primeira vez que unha bandeira nacional era adoptada oficialmente no Canadá para substituír a bandeira do Reino Unido. A Red Ensign («Estandarte Vermello») canadense fora empregada extraoficialmente dende os anos 1890 e foi aprobada nun decreto de 1945 para usarse en "calquera lugar ou ocasión na que sexa desexable izar unha insignia canadense distintiva".[1][2]

Bandeira do Canadá
Bandeira do Canadá
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción15 de febreiro de 1965
Cores     Vermello     Branco

En 1964, o Primeiro ministro Lester B. Pearson organizou un comité para que tratara o asunto, provocando un serio debate acerca dun cambio de bandeira. Tendo tres opcións, elixiuse o deseño da bandeira da folla de pradairo, creado por George F. G. Stanley e John Matheson baseado na bandeira do Royal Military College. A bandeira fixo a súa primeira aparición o 15 de febreiro de 1965; esa data é celebrada anualmente dende entón como o Día da Bandeira Nacional do Canadá.

Outras bandeiras

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: