Biarritz Olympique

club de rugby francés da cidade de Biarritz

O Biarritz Olympique Pays Basque, Biarritz Olympique ou "BO" é un equipo de rugby vascofrancés da cidade de Biarritz (no departamento de Pireneos Atlánticos) que xoga na 2ª División da liga francesa (Pro D2).

Biarritz Olympique
NomeBiarritz Olympique Pays Basque
Alcume(s)BO, BOPB
Fundación1913
SedeBiarritz, Pireneos Atlánticos
Francia
Estadio(s)Parc des Sports Aguiléra
Capacidade15.000 espectadores
PresidenteFrancia Serge Blanco
AdestradorFrancia Laurent Rodriguez
Francia Didier Faugeron
CapitánFrancia Imanol Harinordoquy
Liga(s)Pro D2
2015-16
Casa
Fóra
Na rede
http://www.bo-pb.com
Twitter: BOPBweb Instagram: bopb_officiel Editar o valor em Wikidata

Xoga no estadio Parc des Sports Aguiléra (simplificado como Aguilera) aínda que xoga os seus partidos europeos no Estadio Municipal de Anoeta de Donostia (País Vasco).

Historia

En 1898 fundouse o club baixo o nombe Amicale des anciens de Jules-Ferry trocándoo por Biarritz Stade e posteriormente, en 1913 por Biarritz Olympique. En 1998 cando o club se consolida na elite do rugby francés elixiu engadir ao seu nome Pays Basque (País Vasco) dando lugar ao nome actual Biarritz Olympique Pays Basque (BOPB) coa intención de reafirmar a súa identidade e promocionar a rexión establecendo unha sólida e estable relación entre un determinado estilo de xogo e polos valores fundamentais que fan a identidade do País Vasco. Esta decisión levou a modificar tamén lixeiramente o escudo do club, ao que se lle engadiron as palabras Pays Basque en verde por debaixo do escudo.

Palmarés

Competicións internacionais
Competicións nacionais
Outras competicións
  • Challenge Yves du Manoir:[3]
    • Campión (1): 1937
    • Finalista (1): 1989
  • Copa de Francia:[3]
    • Campión (1): 1937,[4] 2000
    • Finalista (1): 2002
  • Championnat de la Côte Basque:[5]
    • Campión (2): 1917 e 1922
  • Challenge Antoine Béguère:[3]
    • Campión (1): 1991
    • Finalista (1): 1979

Presidentes

Logo da creación do Biarritz Olympique, Jean-Baptiste Hum-Sentouré foi nomeado presidente fundador do club. Con todo, o primeiro presidente de BO foi Alfred Laulhe, que ocupou o cargo durante os nove primeiros anos de vida do club branco e vermello. Pola súa banda, Emile Lacour foi a persoa que máis tempo presidiu a entidade, logo de 16 anos entre 1936 e 1952. Dende o punto de vista deportivo, o Biarritz Olympique conseguiu os seus maiores logros estando na presidencia do club Marcel Martin, conquistando tres dos seus campionatos nacionais (2002, 2005 e 2006), unha das súas dúas Copas de Francia (2000), e chegando unha vez á final da Copa de Europa (2006), mentres que o único título continental do club chegou baixo a presidencia de Serge Blanco coa conquista da European Challenge Cup en 2012. A seguinte táboa mostra todos os presidentes do BO dende a súa creación:[4]

Presidentes do Biarritz Olympique
NomeInicioFin
Jean-Baptiste Hum-Sentouré19131913
Alfred Laulhe19131922
Dr Plantier19221936
Emile Lacour19361952
Alexis Figue19521959
André Lafaille19591962
Maurice Bergeon19621965
Henri Berrogain19651967
Claude Rebeyrol19671978
Jean-Claude Blimer19781980
Jacques Bergeruc19801981
Jean-Claude Blimer19811984
Pierre Grenade19841990
Jean Dupont19901991
Michel Langla19911992
Patrick Arrosteguy19921996
Serge Blanco19961998
Roland Heguy19981998
Marcel Martin19982008
Serge Blanco20082016
Nicolas Brusque2016no cargo

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: