Bibcode

O bibcode é un identificador empregado por numerosas bases de datos astronómicas para citar referencias bibliográficas. O bibcode foi desenvolvido para ser empregado no SIMBAD e a Base de datos de obxectos extragalácticos NASA/IPAC (NED), pero úsase máis amplamente no Sistema de Datos Astrofísicos, tamén da NASA.[1][2]

Formato

O código ten unha lonxitude fixa de 19 caracteres e ten a forma:

YYYYJJJJJVVVVMPPPPA

onde YYYY son os catro díxitos do ano de publicación da referencia, JJJJJ é un código que indica a publicación de procedencia da referencia, VVVV o número do volume, M a sección da publicación, por exemplo L indica a sección de cartas, PPPP indica a páxina de comezo da referencia e A é a primeira letra do apelido do primeiro autor. Úsanse puntos para encher os campos non empregados ou para completar campos onde a lonxitude do código sexa máis curto que os espazos reservados a el. A aliñación faise á dereita para o código de publicación e á esquerda para o número de volume e de páxina.[1][2]

Exemplos de codificación

Bibcode:      Referencia:
1974AJ.....79..819H Heintz, W. D., Astrometric study of four visual binaries, The Astronomical Journal 79 (1974), pp. 819–825.
1924MNRAS..84..308E Eddington, A. S., On the relation between the masses and luminosities of the stars, Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 84 (1924), pp. 308–332.
1970ApJ...161L..77K Kemp, James C., Swedlund, John B., Landstreet, J. D., e Angel, J. R. P., Discovery of Circularly Polarized Light from a White Dwarf, Astrophysical Journal 161 (1970), pp. L77–L79.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: