Bicontos
Bicontos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||
| |||||
Supergrupos | |||||
Apusozoa (?) |
Os bicontos ou Bikonta son organismos eucariotas formados por células con dous flaxelos desenvolvidos segundo un proceso único [1]. É un dos dous grandes clados dos eucariotas; o outro son os Unikonta. Outro trazo compartido polos Bikonta é a fusión de dous xenes de encimas nun só xene, que son os xenes para a timidilato sintase (TS) e a dihidrofolato redutase (DHFR), que codifican unha soa proteína con dúas funcións (Cavalier-Smith, 2006). Estes xenes tradúcense por separado nos Unikonta.
Algunhas investigacións suxiren que un Unikonta (unha célula eucariota cun só flaxelo) foi o antepasado de Opisthokonta e Amoebozoa, entanto que un Bikonta o foi de Archaeplastida, Excavata, Rhizaria, e Chromalveolata (que inclúe Chromista e Alveolata). Cavalier-Smith suxeriu que os Apusozoa, que tipicamente son considerados incertae sedis (de clasificación insegura), son, de feito, Bikonta.
As relacións entre os Bikonta non están aínda claras. Cavalier-Smith agrupou os Excavata e Rhizaria no grupo Cabozoa e os Archaeplastida e Chromalveolata no grupo Corticata, pero outros estudos suxeriron que os Rhizaria e Chromalveolata forman un clado.[2]
A seguiente árbore filoxenética mostra as relacións entre os principais grupos de Eukarya de acordo coas ideas de Cavalier-Smith.[3][4]
Eukarya [A] |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lenda: [A] Eukarya ancestral heterótrofo uniflaxelado e unicentriolar; mitocondrias con cristas tubulares. [B] Biflaxelado ancestral. [C] Fusión de xenes DHFR-TS. [D] Fusión tripla de xenes da biosíntese da pirimidina. [E] Alvéolos corticais. [F] Adquisición de cloroplastos por endosimbiose secundaria cunha alga verde (clasificadas dentro de Viridiplantae). [G] Flaxelo posterior e mitocondrias con cristas planas. [H] Inserción de EF1-alfa. [I] Aparición dos cloroplastos por endosimbiose primaria cunha cianobacteria. [J] Adquisición de cloroplastos por endosimbiose secundaria cunha alga vermella (Rhodophyta). [K] Inserción de poliubiquitina. [L] Suco de alimentación ventral. [M] Pelos tubulares en flaxelos, e plastos dentro do retículo endoplasmático rugoso.