Bieito Pérez Outeiriño

arqueólogo, profesor e escritor galego

Bieito Pérez Outeiriño, nado na Mezquita (A Merca) o 5 de setembro de 1954, é un arqueólogo, profesor e escritor galego.

Infotaula de personaBieito Pérez Outeiriño
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
A Merca, España Editar o valor em Wikidata
Director de museo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarqueólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1294325

Traxectoria

Licenciado en Filosofía e Letras (especialidade en Arqueoloxía) pola Universidade de Valladolid (1989). É membro do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos do Estado dende 1985. Foi conservador facultativo do Museo Nacional de Arte Romana de Mérida (1987-1993), xefe do servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia (1987-1993), subdirector xeral do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais (1993-1998) e dende 1998 ata decembro do 2017[1] foi director do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Investiga sobre a ourivería prehistórica do noroeste peninsular, a xestión do patrimonio cultural e os museos. Dirixiu diversas campañas de escavación arqueolóxica en San Cibrán de Las (Ourense) e na Alcazaba de Mérida (Badaxoz), participando en numerosas escavacións e demais actividades arqueolóxicas de campo.

Foi coordinador do equipo redactor do borrador técnico da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e do que se encargou do expediente para a declaración da Muralla de Lugo Patrimonio da Humanidade.

Obras

  • De ourivesaria castrexa. I. Arracades. Ourense, 1982.
  • Museo Nacional de Arte Romano. Madrid, 1988 (en colaboración).
  • Sellos de alfarero en terra sigillata hallados en Mérida. Mérida, 1991.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: