Bioloxía molecular
A bioloxía molecular é o estudo da vida a un nivel molecular. Esta área solápase con outros campos da bioloxía e a química, particularmente xenética e bioquímica. A bioloxía molecular atangue principalmente ao entendemento das interaccións dos diferentes sistemas da célula, o que inclúe moitísimas relacións, entre elas as do ADN co ARN, a síntese de proteínas, o metabolismo, e a forma como esas interaccións son reguladas para conseguiren un axeitado funcionamento da célula.
Técnicas da bioloxía molecular
Desde finais da década de 1950 e principios da de 1960, os biólogos moleculares aprenderon a caracterizar, illar e manipular os compoñentes moleculares de células e organismos. Estes compoñentes inclúen:
- O ADN, depositario da información xenética segundo o dogma central
- O ARN, e en xeral os ácidos nucleicos. As súas funcións van servir de copia temporal do ADN.
- As proteínas, que constitúen o principal tipo de molécula estrutural e enzimática das células.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
🔥 Top keywords: