Cachena

A cachena é unha raza de vacún de grande rusticidade, perfectamente adaptada ó medio no que se desenvolve onde aproveita uns recursos naturais para pacer que dificilmente serían aproveitados por outras razas bovinas. É un tipo de vaca galleira,[1] cos cornos longos cara a arriba e abertos para os lados.

As cachenas son animais de pequeno tamaño e cornos de grandes proporcións. A súa área de orixe sitúase nas zonas montañosas dos concellos incluídos no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés, especialmente na aldea de Olelas, e nos contrafortes montañosas do homólogo parque nacional portugués de Peneda-Gerés.

Evolución da poboación

AnoFemiasMachosTotalGanderías
20093 4187344 152157
20103 9368914 827167
20114 1189445 062174
20124 1229275 049164
20133 9008304 730164
20143 4306294 059146
20153 4845204 004153
20163 6606244 284150
20173 8347154 549150
20183 9087604 668150
20193 8817264 607166
20204 3419095 250164
20214 6199455 564168
20224 9751 0546 029163
Gráfica de evolución demográfica da vaca cachena entre 2009 e 2022
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[2]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: