Calendario maia

calendario da civilización maia

O calendario maia é un sistema de calendarios empregados na Mesoamérica precolombiana e en moitas comunidades modernas das terras altas de Guatemala,[1] Veracruz, Oaxaca e Chiapas, en México.[2]

Cara leste da estela C en Quiriguá co dato do inicio da conta longa en 13 (0) baktun, 0 katun, 0 tun, 18 (0) uinal, 0 kin, 4 ahau e 8 cumku correspondente ó 11 de agosto de 3114 a. C. do calendario gregoriano.

Os elementos esenciais do calendario maia baséanse nun sistema que foi empregado de forma común en toda a rexión, que data de polo menos o século -V. Comparte moitos aspectos cos calendarios empregados por outras civilizacións mesoamericanas anteriores, como a zapoteca e a Olmec, e con outras civilizacións contemporáneas como a mixteca e a azteca.[3]

Segundo a tradición da mitoloxía maia, os documentos do Iucatán colonial e a reconstrución das inscricións tardías, clásicas e posclásicas, a deidade Itzamna é acreditada como a que lles deu o coñecemento dos calendarios ós antigos maias, xunto coa escrita e outros aspectos fundamentais da cultura maia.[4]

Descrición

No calendario maia coexisten varias contas de tempo:

  • o calendario sacro (tzolkin ou bucxok, de 260 días).
  • o ciclo solar (haab, de 365 días).
  • a roda calendárica de 52 anos.
  • a conta longa de 5200 anos.
  • a conta lunar de 18 meses lunares
  • a conta venusiana de 584 días
  • a conta dos señores da noite de 9 días

O calendario maia é cíclico, porque se repite cada 52 anos maias. Na conta longa, o tempo de cómputo comezou o día 0.0.0.0.0 4 ajau e 8 cumkú (en notación maia) que equivale, segundo a correlación xeralmente aceptada, ó 11 de agosto do 3114 a.C.[5] no calendario gregoriano.[6] Porén, moitos maianistas prefiren igualmente a data do 13 de agosto de 3114 a. C. como a data do inicio da conta longa.

A conta longa ou quinta parte do calendario maia

E a data de final foi o 21 de decembro de 2012 d. C. O período foi de 5.125,36 anos terrestres/solares, aínda que en termos maias si resulta unha cifra enteira e redonda posto que son 5.200 tunes, que son ciclos de 360 días (Tun), e tamén en días ou kines como un total de 1.872.000. Cinco repeticións ou cinco contas longas compoñen o gran ciclo de 26.000 tunes equivalentes a 25.626,8 anos. Desta maneira o gran calendario maia é visualizable como un círculo estruturado en cinco partes, cada unha de 5.200 tunes. A cifra de 26.000 non é de anos senón de tunes, e por iso non hai que confundilo con 26.000 anos nin tampouco co período de precesión dos puntos equinocciais e solsticiais da Terra cuxa cifra é semellante: 25.800 ó 25.920. O último día da 5ª conta longa e do calendario maia de 5 contas longas coincidiu con evento astronómico, o solsticio (21-22 de decembro de 2012 da era cristiá) e tamén con que actualmente os solsticios da Terra ocorren no momento en que o plano da eclíptica se interseca co plano ecuatorial da Galaxia.

A caste sacerdotal maia, chamada ah kin, era posuidora de coñecementos matemáticos e astronómicos que interpretaba de acordo coa súa cosmovisión relixiosa, os anos que iniciaban, os vindeiros e o destino do home.

O calendario maia, segundo algúns estudosos, aparece xa en culturas máis antigas como a olmeca; porén, para outros este calendario é propio da civilización maia. As similitudes co calendario mexica, ofrecen evidencia de que en toda Mesoamérica utilizouse o mesmo sistema calendárico.

Notas

🔥 Top keywords: