Cidade metropolitana de Nápoles

Ciudad metropolitana de Italia

A cidade metropolitana de Nápoles (en italiano Città metropolitana di Napoli) é un ente local administrativo, unha das 14 cidades metropolitanas de Italia, situada na rexión da Campania.

Modelo:Xeografía políticaCidade metropolitana de Nápoles
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°N 14°L / 41, 1414°L / 41, 14
EstadoItalia
RexiónCampania Editar o valor em Wikidata
CapitalNápoles Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.107.006 (2016) Editar o valor em Wikidata (2.653 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.171,13 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude17 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 2015 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Metropolitan mayor of Naples (en) Traducir Editar o valor em WikidataLuigi de Magistris (2015–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal80010–80079 e 80121–80147 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico081 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2IT-NA Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT263 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcittametropolitana.na.it Editar o valor em Wikidata

A súa capital é a cidade de Nápoles.

Desde o 1 de xaneiro de 2015 substituíu a provincia de Nápoles.[1]

Xeografía

A cidade metropolitana de Nápoles ocupa un territorio de 1 171 km² e, no ano 2016, contaba cunha poboación de 3 107 006 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 2653,29 hab./km².

Limita ao norte coas provincias de Caserta e Benevento, ao leste coa de Avellino, ao sur coa de Salerno, e ao oeste co mar Tirreno.

A cidade metropolitana esténdese por unha estreita chaira costeira rematada en numerosos acantilados e, no interior, encóntranse os somontes apeninos e formacións volcánicas entre as que destaca o Vesuvio, volcán sobre o que se asentan poboacións con importantes restos romanos, como as cidades de Pompeia e Herculano, destruídas no ano 79 por unha erupción volcánica.

Economía

O seu clima mediterráneo, pero con precipitacións bastante copiosas pero concentradas (Nápoles: 881 mm. anuais), permite que destaquen os cultivos propios deste clima: trigo, vide, oliveira e cítricos.

A industria concéntrase en Nápoles e nas súas poboacións máis próximas. Outros sectores de actividade económica son os servizos públicos e a administración pública, que empregan a case un terzo da poboación activa. Outras actividades importantes son o comercio, os transportes, a construción, os servizos bancarios, a agricultura e o turismo.[3]

Demografía

Aínda que ocupa só o 8,6 % do territorio da Campania, a cidade metropolitana alberga a máis da metade da poboación rexional. Por iso unha peculiar característica en moitos municipios napolitanos é a elevada densidade da poboación: 26 municipios superan os 30 000 habitantes, e destes 12 tieñen máis de 50 000 residentes.

Principais municipios

Municipios con máis de 50 000 habitantes:[2]

Municipios (Comune)Poboación
Nápoles970 185
Giugliano de Campania123 839
Torre del Greco85 762
Pozzuoli81 528
Casoria77 319
Castellammare de Stabia66 164
Afragola64 558
Marano de Nápoles59 871
Acerra59 830
Portici55 012
Herculano53 231
Casalnuovo de Nápoles49 589

Principais zonas turísticas

O nacemento da cidade metropolitana de Nápoles

O 1 de xaneiro de 2015 a provincia de Nápoles foi substituída pola cidade metropolitana de Nápoles, con arranxo á Lei 142 do 8 de xuño de 1990, á reforma do artigo 114 da Constitución da República Italiana, á Lei 42 do 5 de maio de 2009 sobre as autonomías locais, e á Lei 56 do 7 de abril de 2014. O seu territorio coincide exactamente co da suprimida provincia de Nápoles.[1]

Os órganos da nova entidade son:[1]

  • O alcalde metropolitano (que actualmente coincide co alcalde da cidade de Nápoles).
  • A Conferencia metropolitana (formada polos alcaldes de todos os municipios metropolitanos).
  • O Consello metropolitano (formado por 24 concelleiros dos municipios metorpolitanos).

O 12 de outubro de 2014 tiveron lugar as eleccións de segundo nivel (indirectas: o electorado está composto polos concelleiros dos municipios metropolitanos, cuxo número varía segundo a poboación destes) para elixir aos 24 membros do Consello metropolitano.[4]

As seis macroáreas da cidade metropolitana.

O 11 de xuño de 2015 foi votado e aprobado polo Consello e a Conferencia metropolitana o estatuto da entidade.[5]

No Plan Territorial de Coordinación (PTC) indícanse seis macroáreas de referencia: Nápoles, Nápoles Norte, Nápoles Noroeste, Nápoles Nordeste, Área Vesubiana, Área Nolana, Área Flégrea, Península Sorrentina.
O Consello metropolitano e a Conferencia metropolitana terán que convertelas en zonas territoriais homoxéneneas.[6]

Símbolos

O "Corcel do Sol", símbolo da cidade metropolitana de Nápoles.

No escudo da cidade metropolitana de Nápoles figura un cabalo rampante negro sobre fondo dourado. Trátase do Corsiero del Sole (en galego "Corcel do Sol"), unha alegoría do espírito indomábel do poblo napolitano desde o século XIII.[7]

No lugar onde hoxe se sitúa a Basílica de Santa Restituta, actualmente incorporada á Catedral de Nápoles, en tempos antigos encontrábase o Templo de Apolo, cuxos restos aínda se poden admirar na ábsida e na nave. Cerca do Templo levantábase unha colosal estatua en bronce representando a un cabalo rampante; segundo as lendas locais, fora esculpido por Virxilio cun feitizo e posuía o poder milagroso de curar aos cabalos enfermos. Tamén se conta que cando Conrado IV de Suabia (Conrado von Hohenstaufen, duque de Suabia, rei de Sicilia, rei de Xerusalén e rei de Romanos), fillo de Frederico II Hohenstaufen, conquistou a cidade, fixo poñer un bocado na boca do cabalo para aplacar o desenfreo do pobo. Sendo obxecto destes rituais pagans, a estatua foi fundida en 1322 por orde do arcebispo Matteo Filomarino, e o seu bronce usaríase para realizar as campás da Catedral.[8][9]

O cabalo apareceu como símbolo identificativo de dous Sedili (consellos medievais de Nápoles): o Sedile de Capuana e o de Nilo.[10] Posteriormente, o Corcel do Sol converteuse no símbolo do Reino de Nápoles[11] e da provincia de Nápoles.[7]

Galería

Notas

Véxase tamén

Ourtos artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: