Concello de Gnosjö

Gnosjö é un concello sueco (kommun) do condado de Jönköping.[1] A súa capital é o núcleo urbano de Gnosjö. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 9 566 habitantes.[2]

Modelo:Xeografía políticaConcello de Gnosjö
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 57°22′00″N 13°44′00″L / 57.366666666667, 13.73333333333313°44′00″L / 57.366666666667, 13.733333333333
EstadoSuecia
Condadocondado de Jönköping Editar o valor em Wikidata
CapitalGnosjö (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación9.196 (2024) Editar o valor em Wikidata (20,43 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Småland
Q61313599 Traducir (1971–2005)
Q61313576 Traducir (2005–) Editar o valor em Wikidata
Superficie450,05 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor em Wikidata

Páxina webgnosjo.se Editar o valor em Wikidata
Facebook: gnosjo LinkedIn: gnosjokommun Editar o valor em Wikidata

O concello é coñecido polo Gnosjöandan (o espírito de Gnosjö) e forma parte da rexión GGVV, máis coñecida como Gnosjöregionen.

Administración histórica

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Gnosjö, Kulltorp (parte), Källeryd, Kävsjö e Åsenhöga. Nestas parroquias fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.

Coa reforma municipal de 1952 fundouse o gran concello de Gnosjö a partir dos municipios de Gnosjö, Källeryd, Kävsjö e Åsenhöga, así como dunha parte do de Kulltorp.

O concello de Gnosjö naceu coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do municipio rural de Gnosjö.[3]

Dende a súa fundación ata o ano 2005 o concello pertenceu ao partido xudicial de Värnamo e dende entón pertence ao de Jönköping.[4]

Notas

🔥 Top keywords: