Cruceiro (viaxe)

Un cruceiro é unha viaxe de pracer por mar facendo escala en varios portos para visitalos.[1][2] Tamén é o nome que reciben as embarcacións de pasaxeiros destinadas a estas viaxes recreativas e turísticas. Este termo tamén designa o servizo desta clase de viaxes en barco e a industria que os ofrece e xestiona.

Voyager of the Seas.

Historia

O Prinzessin Victoria Luise foi o primeiro barco de cruceiro deseñado e construído para este uso.

Cando en 1835 apareceu o primeiro anuncio de cruceiro no xornal Shetland Journal[3] para visitar Escocia, Islandia e as Illas Feroe, ninguén presaxiaba un éxito de tal magnitude no século XIX. A primeira compañía a saír ó mercado foi creada en 1837 en Stromness por Arthur Anderson e Brodie Wilcox baixo o nome de Peninsular Steam Navigation Company, que máis tarde converteuse en P&O Cruises.

Esta iniciativa chamou a atención de grandes investidores e en 1840, Samuel Cunard fundou Cunard Line para facer viaxes transatláticas de Liverpool a Halifax. Unha das grandes xestas da enxeñaría naval e, se cadra, o grande éxito destes anos foi a construción en 1912 do RMS Titanic, afundido na súa viaxe inaugural ó bater cun iceberg.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: