Día da Ascensión

O Día da Ascensión é unha festa cristiá que se celebra corenta días despois do Domingo de Resurrección (durante o Tempo pascual) e que conmemora a ascensión de Xesucristo ao ceo en presenza dos seus discípulos tras anunciarlles que lles enviaría o Espírito Santo.

Ascensión de Xesús, obra de Giotto.

Doutrina cristiá

A doutrina cristiá sostén comunmente que Cristo ascendeu en forma física ao Ceo tras a súa Resurrección en presenza dos seus Apóstolos. Enténdese por "ascender ao ceo" unha unión física con Deus Pai e non unha transformación espiritual do individuo como é habitual nas experiencias místicas doutras relixións.

Este aspecto do misterio pascual relaciónase coa importancia dada pola teoloxía cristiá á corporeidade, que a Palabra de Deus asumiu na Encarnación, que é glorificada na Ascensión de Cristo á dereita de Deus Pai e que os mortos recobrarán, dalgún xeito, na Resurrección do fin dos tempos.

Nárrase este episodio en Marcos 16, 19; Lucas 24, 50-51 e Feitos dos Apóstolos 1, 9-11. A liturxia cristiá afirma a Ascensión no Credo de Nicea-Constantinopla e no Credo dos Apóstolos.

Data

Día da Ascensión, 2010-2020
AnoCatolicismo e ProtestantismoOrtodoxia
201013 de maio
20112 de xuño
201217 de maio24 de maio
20139 de maio13 de xuño
201429 de maio
201514 de maio21 de maio
20165 de maio9 de xuño
201725 de maio
201810 de maio17 de maio
201930 de maio6 de xuño
202021 de maio28 de maio
🔥 Top keywords: