Desaparición de Madeleine McCann

nena desaparecida o 3 de maio de 2007

8°43′51″O / 37.08866, -8.73084

Madeleine Beth McCann, nada en Leicester, Inglaterra o 12 de maio de 2003, desapareceu da súa cama na noite do 3 de maio de 2007 nun apartamento de vacacións nun centro turístico de Praia da Luz, na rexión do Algarve, en Portugal.[1]

Praia da Luz, lugar da desaparición de Madeleine McCann.

O caso

Madeleine, procedente do Reino Unido, atopábase de vacacións cos seus pais, Kate e Gerry McCann, os seus irmáns xemelgos de dous anos de idade e un grupo de amigos da familia cos seus respectivos fillos. Os seus pais deixaron os tres nenos durmindo ás 20:30 no apartamento nunha planta baixa, mentres foron a cear con amigos a un restaurante localizado a 50 metros de distancia.[2] Os pais vixiaron os nenos cada 20 a 30 minutos ao longo da noite, ata que ás 22:00 a nai de Madeleine descubriu que a nena estaba desaparecida. Durante as semanas posteriores, en especial despois de terse malinterpretado unha análise de ADN levada a cabo no Reino Unido, a policía portuguesa chegou a crer que Madeleine morrera nun accidente no apartamento e que os seus pais o encubriron. Os McCann recibiron o status de arguidos (sospeitosos formais) en setembro de 2007, o cal foi levantado cando o fiscal xeral de Portugal arquivou o caso en xullo de 2008 por falta de probas.[3][4]

Os pais continuaron a procura da nena utilizando detectives privados, ata que en 2011 Scotland Yard abriu a súa propia investigación, chamada Operación Grange. O principal oficial da mesma anunciou que estaba tratando a desaparición como "un acto criminal por un estraño", probablemente un secuestro artellado ou un roubo que saíu mal.[5] En 2013, Scotland Yard publicou imaxes realizadas a partir de técnicas electrónicas de identificación facial de homes aos que desexaban localizar, incluíndo un ao cal habían avistaran levando un neno cara a praia esa noite.[6] Pouco despois disto, a policía portuguesa reabriu a súa investigación. A Operación Grange foi reducida en 2015, mais os detectives que aínda permanecen nela continuaron perseguindo un pequeno número de liñas de investigación descritas en abril de 2017 como significativas.[7]

A desaparición atraeu grande interese internacional e unha enorme cobertura no Reino Unido, semellante á que se deu trala morte de Diana de Gales en 1997.[8] Os McCanns foron sometidos a un intenso escrutinio e a afirmacións infundadas de participación na morte da súa filla, particularmente en tabloides e en Twitter.[9][10] En 2008, eles e os seus compañeiros de viaxe recibiron indemnizacións por danos xunto con desculpas por parte do grupo publicista Express Newspapers, e en 2011 os McCanns testemuñaron fronte a Investigación Leveson sobre a mala conduta da prensa británica, achegando o seu apoio a quen argumentaban a prol dunha maior regulación da prensa.[11]

Notas

🔥 Top keywords: