Dilwale Dulhania Le Jayenge

filme de 1995 dirixido por Aditya Chopra

Dilwale Dulhania Le Jayenge é un filme musical indio de 1995 dirixido por Aditya Chopra. Foi o primeiro filme dirixido por Chopra, e foi producido polo seu pai Yash Chopra, e escrito por Javed Siddiqui xunto con Aditya Chopra. Estreouse o 20 de outubro de 1995, e está protagonizado por Shah Rukh Khan e Kajol. O filme conta a historia de Raj e Simran, dous mozos indios que se namoran durante unhas vacacións por Europa. Raj tenta gañar a simpatía da familia de Simran con tal de que poidan casar, mais o pai de Simran prometeu a man da súa filla ao fillo dun amigo. O filme foi rodado na India, Londres e Suíza dende setembro de 1994 até agosto de 1995.

Dilwale Dulhania Le Jayenge
Ficha técnica
Título orixinalDilwale Dulhania Le Jayenge
DirectorAditya Chopra
ProdutorYash Chopra
GuiónAditya Chopra
IntérpretesShah Rukh Khan
Kajol
MúsicaJatin–Lalit
FotografíaManmohan Singh
MontaxeKeshav Naidu
EstudioYash Raj Films
EstreaIndia 20 de outubro de 1995
Duración189 minutos[1]
OrixeIndia India
XéneroMusical e romance
Orzamento400 millóns de rupias[2]
Recadación1.220 millóns de rupias[3][4]
Na rede
IMDB: tt0112870 Filmaffinity: 830442 Allocine: 96945 Rottentomatoes: m/dilwale_dulhania_le_jayenge Allmovie: v289660 TCM: 439077 TV.com: movies/dilwale-dulhania-le-jayenge Netlix: 60036747Editar o valor em Wikidata

Personaxes

Créditos adaptados do British Film Institute.[5]

  • Shah Rukh Khan como Raj Malhotra
  • Kajol como Simran Singh
  • Amrish Puri como Chaudhary Baldev Singh, pai de Simran
  • Farida Jalal como Lajwanti "Lajjo" Singh, nai de Simran
  • Satish Shah como Ajit Singh, amigo de Baldev na India
  • Achala Sachdev como avoa de Simran
  • Himani Shivpuri como Kammo Kaur, tía de Simran
  • Pooja Ruparel como Rajeshwari "Chutki" Singh, irmá de Simran
  • Anupam Kher como Dharamvir Malhotra, pai de Raj
  • Parmeet Sethi como Kuljeet Singh, fillo de Ajit
  • Mandira Bedi como Preeti Singh, filla de Ajit
  • Anaita Shroff Adajania como Sheena, amiga de Simran
  • Karan Johar e Arjun Sablok como os amigos de Raj, Paunchy e Robbie

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Chopra, Aditya; Kabir, Nasreen Munni (12 de decembro de 2014). Aditya Chopra Relives ... (Dilwale Dulhania Le Jayenge: As Told to Nasreen Munni Kabir). Yash Raj Films. ISBN 978-93-5196-188-8. 
  • Sharpe, Jenny (2005). "Gender, Nation, and Globalization in Monsoon Wedding and Dilwale Dulhania Le Jayenge". Meridians: Feminism, Race, Transnationalism 6 (1): 58–81. doi:10.1353/mer.2005.0032. 

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: