Disneyland Paris

Parque de divertimento que se atopa en París

Disneyland Paris (chamado noutrora Eurodisney) é un monumento, parque de divertimento temático, e complexo turístico da The Walt Disney Company localizado en Marne-la-Vallée, a 32 km de París. É a atracción turística máis visitada de Europa, atraendo 12.8 millóns de visitantes en 2006 e 15.3 millóns en 2008.

O resort consiste en dous parques temáticos, un dedicado aos Estudios Disney e sete hoteis do conglomerado Disney. O parque foi inaugurado en 1992 e é o segundo parque da Disney fóra dos Estados Unidos (despois do Tokyo Disney Resort).

O complexo foi obxecto de controversia durante a súa construción nas décadas dos e 80 e 90, cando un número significativo da poboación local, sindicatos e até algunhas celebridades francesas protestaron contra a súa inauguración.

Creación e desenvolvemento

En medio do éxito da tradicional Disneyland en Anaheim (California) e do Walt Disney World en Florida, xurdiron planos para construír un parque semellante en Europa xa na década de 1970. Baixo o liderado de Card Walker Tokyo Disney Resort inaugurouse en 1983 cun gran número de visitantes, motivando á Disney a considerar a construción. Xa en 1984 os directores do proxecto presentaron unha suxestión de 1.200 lugares en toda a Europa, onde podería construírse o parque da Disney.[1] Pouco despois as ideas de lugares para a construción diminuíron a só cinco lugares, dous en Francia, outros dous en España, e un en Portugal. A Disney xa expresara un certo interese na cidade de Toulon, preto de Marsella, mais a empresa acabou por escoller a pequena cidade de Marne-la-Vallée por esta estar preto de París. Michael Eisner, director executivo da Disney, fechou o acordo co Goberno francés e adquiriu unha área de 20 km² (4.940 acres) en decembro de 1985. A construción comezou en agosto de 1988 e en decembro de 1990, un centro de visitas chamado Espace Euro Disney xa informaba sobre a conclusión do complexo. O primeiro parque temático foi inaugurado en 1992.

Nomes

"Disneyland Resort Paris" é soamente un dos nomes que o complexo ten recibido desde o seu proxecto na década de 80.

Nun principio o parque coñeceuse coma EuroDisney; mais aínda que a palabra "Euro" para os americanos ten un significado de glamour, para os europeos tornouse nun termo asociado cos negocios e o comercio exteriou; por iso o parque rebautizouse coma "Disneyland Paris", un xeito de relacionalo cunha das cidades máis románticas e lindas do mundo.[2]}} Michael Eisner

199219931994199519961997199819992000200120022003200420052006200720082009
ComplexoEuro Disney ResortEuro Disneyland ParisDisneyland ParisDisneyland Resort ParisDisneyland Paris
Primeiros ParquesEuro Disneyland1Disneyland Park (Inglés)/Parc Disneyland (Francéas)4
Áreas de EntretementoFestival DisneyDisney Village

Parques

Vista xeral do Disneyland Park dende o Castelo da Bela Dormente, París.

Disneyland Park

É o principal parque temático inspirado en Disneyland de California. Ocupa unha área de máis de 560 mil m², sendo pouco maior que a Disneyland de Anaheim. Recibe anualmente cerca de 10 millóns de visitantes. Foi inaugurado en abril de 1992.

Walt Disney Studios Park

É o segundo parque inaugurado en Disneyland Resort Paris, é o corazón do complexo recibindo mais de 2 millóns de visitantes anualmente.

Disney Village

É a área do complexo destinada a recibir os visitantes durante a súa estada na Disneyland Resort. Acolle varios bares, tendas, restaurantes e un show de bucinas. Incribelmente, este parque temático só se abre cando os outros dous primeiros fechan as súas actividades.

Golf Disneyland

Destinado aos adultos, é unha característica rara dos parques Disney que son concibidos para o medio infantil. Consiste nun campo de golf para mozos e adultos.

Hoteis

O complexo inclúe sete hoteis do conglomerado Disney localizados preto da Disney Village. O máis famoso é o Disneyland Hotel (París). Os tres maiores hoteis atópanse en torno dunha lagoa coñecida como Lago Disney: Hotel New York (Disney), Disny's Newport Bay Club e o maior Disney's Sequoia Lodge. E os outros catro hoteis:Disney's Hotel Cheyenne, Disney's Hotel Santa Fe e Disney's Davy Crockett Ranch.

O resort inclúe tamén outros seis hoteis non operados pola Disney: Marriott's Village d'lle-de-France, Radisson BLU Hotel, Vienna International Magic Circus Hotel , Vienna International Dream Castle Hotel, MyTravel's Explorers e Kyriad Hotel.

Transportes

No centro do parque está situada a Estación ferroviaria Gare de Marne-la-Vallée - Chessy que forma parte do RER (tipo de metro parisién). Tamén circulan os TGVs e Thalys que conectan os parques temáticos.

Notas

🔥 Top keywords: