Distrito Moyo

Moyo District é un distrito da Rexión Setentrional de Uganda. Como moitos outros distritos, o seu nome provén da súa cabeceira, Moyo.Limita co Sudán do Sur polo norte e leste, co Distrito Adjumani polo sur, a través das augas do Nilo Branco, e co Distrito Yumbe polo oeste. Os estados sur-sudaneses de Ecuatoria Central e Ecuatoria Oriental forman o límite setentrional, existindo unha estrada entre Moyo e Kajo Keji, de Ecuatoria Central.A capital de Moyo atópase aproximadamente a uns 455 km, por estrada, ao noroeste de Kampala, a capital e maior cidade de Uganda.

Modelo:Xeografía políticaDistrito Moyo

Nomeado en referencia aMoyo Town (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 3°26′N 31°34′L / 3.43, 31.5731°34′L / 3.43, 31.57
EstadoUganda
RexiónRegião Norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalMoyo Town (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadaLíngua ma'di (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie1.800,8 km² Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2UG-309 Editar o valor em Wikidata

Páxina webmoyo.go.ug Editar o valor em Wikidata

Como na maioría dos distritos de Uganda, a agricultura é o alicerce principal da economía.O Nilo Branco é a principal fonte de peixe do distrito. Alén da gandaría, a apicultura, para producir mel, está gañando popularidade no distrito.[1]

En tempos recentes o distrito sufriu a segunda guerra civil sudanesa, levada a cabo ao norte, e a insurxencia do Exército de Resistencia do Señor fixo da estrada ao sur cara a Kampala perigosa. O distrito ten albergado a numerosos refuxiados sudaneses. A acordo de paz do 2005 así como a diminución da actividade do LRA trae esperanzas a este lugar.

A poboación de Moyo segundo o censo do ano 2002 é dunha estimación de 199.900 persoas, sendo o 48.8% mulleres e o 51.2% varóns.[2] Mais en toda a década do 2000, o Distrito Moyo experimentou en rápido crecemento de poboación, principalmente de refuxiados do Sudán do Sur.[3] Tras a paz, pois o problema dos refuxiados diminuíu. Estímase que a poboación do distrito no 2010, era de aproximadamente 253.200 habitantes, tal como segue na táboa:

Poboación do Distrito Moyo
AnoPoboación estimada
2002199.900
2003205.900
2004212.100
2005218.400
2006225.000
2007231.700
2008238.700
2009245.900
2010253.200

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: