Dong Fang Hong 1

Primeiro satélite artificial de China.

Dong Fang Hong 1, tamén coñecido polo seu acrónimo DFH-1, foi o primeiro satélite artificial lanzado pola China. Engalou a bordo dun foguete CZ-1 o día 24 de abril de 1970 desde o centro de lanzamento de Jiuquan, facendo da China o quinto país en poñer un satélite en órbita polos seus propios medios.[2][5]

Dong Fang Hong 1
Reprodución do Dong Fang Hong 1
TipoExperimental.
OrganizaciónCAST
Destino actualRetirado.
Satélite deTerra
Data de lanzamento24 de abril de 1970[1][2][3]
Foguete portadorCZ-1[2][3][4]
Sitio de lanzamentoCentro de lanzamento de Jiuquan[2][5]
Obxectivo da misiónExperimental.[2]
NSSDC ID1970-034A
Masa173 kg[2][5]
DimensiónsPoliedro de 1 m de diámetro.[5]
Datos orbitais
Semieixo maior7626,2 km[1]
Inclinación68,4 graos[1]
Apoapse438,8 km[1]
Periapse2071,5 km[1]

Características

DFH-1 lanzouse como satélite de comunicacións experimental, cun radiotransmisor a bordo. A súa función principal foi reproducir a canción Don Fang Hong (O leste é roxo), símbolo da revolución maoísta.[2] Durou 26 días en órbita, nunha operación dirixida por Qian Xuesen.[6]

O satélite tiña forma de esfera dun metro de diámetro e estaba composto por sete subsistemas: estrutura, control térmico, enerxía, o transmisor da canción, a telemetría, o sistema de seguimento e o de medición de actitude. Estabilizábase mediante xiro e alimentábase exclusivamente mediante baterías. A canción transmitíase nunha frecuencia de 20,009 MHz. Deixou de transmitir en xuño de 1970.[2]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: