Educación secundaria obrigatoria

(Redirección desde «ESO»)
ESO redirixe a esta páxina. Para máis información sobre o European Southern Observatory, véxase Observatorio austral europeo.
Sistema educativo español
Réxime xeral
Réxime especial

A educación secundaria obrigatoria[1] (ESO) é o nivel educativo en ensino medio en España, obrigado dende a implantación da LOGSE a comezos dos anos noventa.

Características

A educación secundaria obrigatoria consta de catro subniveis agrupados en dous ciclos:

  • 1º ciclo: 1º, 2º e 3º da ESO
  • 2º ciclo: 4º da ESO

A idade do alumnado da ESO é a partir dos 12 anos en diante. O 1º e 2º cursos da ESO corresponden ao 7º e 8º da antiga Educación Xeral Básica (EXB) e o 3º e 4º cursos da ESO corresponden a 1º e 2º do anterior Bacharelato Unificado Polivalente (BUP).

A entrada na ESO prodúcese a partir da educación primaria, e a saída, cara ó mundo do traballo, programas de formación profesional básica, ciclos de formación profesional ou bacharelato, posibilidades presentes en función dos resultados acadados.

Notas


 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

🔥 Top keywords: