Economía de Portugal

Economía de Portugal
MoedaEuro
Organizacións comerciais de que fai parteOMC, Unión Europea, e outras
Datos estatísticos Fonte:CIA Arquivado 19 de maio de 2020 en Wayback Machine.
PIBUS$ 232 mil millóns (2007)
PIB (posición)45ª no mundo
% de crecemento PIB1,9% (2007)
PIB per cápitaUS$ 22 677 (2006)
PIB por sectoragricultura 7,9%, industria 25,9%, comercio e servizos 66,2% (2007)
Inflación anual2,4% (2007)
Poboación abaixo da liña da pobrezadato non dispoñíbel
Total da forza de traballo5,62 millóns (2007)
% traballadores por sectoragricultura 10%, industria 30%, comercio e servizos 60% (2001)
Desemprego8% (2007)
Parcerías comerciais [1] Arquivado 19 de maio de 2020 en Wayback Machine.
Exportacións (US$)50,72 mil millóns f.o.b. (2007)
Principais produtos exportadosroupas e calzados, máquinas, produtos químicos, cortiza, produtos de papel, coiro
Principais mercadosEspaña 26,5%, Alemaña 12,9%, Francia 12%, Reino Unido 6,7%, USA 6,1% (2006)
Importacións (US$)72,19 mil millóns (2007)
Principais parceirosEspaña 29%, Alemaña 13,1%, Francia 8,1%, Italia 5,6%, Países Baixos 4,4% (2006)
Finanzas públicas [2] Arquivado 19 de maio de 2020 en Wayback Machine.
Débeda externaUS$ 415,5 mil millóns (2007)
Receitas (US$)92,35 mil millóns
Despesas (US$)99,59 mil millóns
Axuda económica doada (US$)271 millóns (1995)

Ao longo dos últimos 40 anos Portugal foi o país da OCDE cunha maior taxa de crecemento do PIB, coa excepción da Irlanda (fonte: OCDE).

Sendo aderido á Unión Europea en 1986, o país iniciou entón un período de fortes reformas e de elevados investimentos en infra-estruturas que se reflectarán nunha rápida aceleración do crecemento económico. Entre 1970 e 2003 o PIB 'per capita' medido en PPP (Paridade do Poder de Compra) creceu de pouco máis do 50% para preto do 70% do mesmo indicador para a media da Unión Europea (fonte: OCDE).

Portugal foi dos primeiros países seleccionados para a fase final da Unión Económica e Monetaria, iniciando a introdución do Euro como moeda a partir de 1 de xaneiro de 1999 (a circulación de billetes e moedas iniciouse o 1 de xaneiro de 2002). A participación no Euro obriga o país ao cumprimento das regras do Pacto de Estabilidade e Crecemento, obrigando ao control das contas públicas e da inflación, mais asegurando ao país niveis mínimos históricos da inflación.

Actualmente a estrutura da economía baséase nos servizos e na industria, que representan o 67,8% e o 28,2% do VAB (Fonte: INE, 2004).

Moeda

Desde o 1 de xaneiro de 2002 o euro (EUR) substituíu o escudo (PTE). A taxa de conversión é de 1 Euro = 200,482 escudos.

Véxase tamén

Ligazóns internas

🔥 Top keywords: