Estrofa

conxunto de versos que se axustan a unha medida e a un ritmo

En literatura, denomínase estrofa a un grupo de versos unidos por unha serie de criterios fixos de métrica. Reciben distintos nomes segundo a extensión (número de versos), lonxitude dos mesmos (arte maior ou arte menor), rima (en función do formato e de se é asoante ou consoante) e ritmo.

Tipos

As estrofas sen métrica e sen rima son de verso libre, e as estrofas con métrica mais sen rima, son de verso branco.

As estrofas adoitan clasificarse en función do número de versos:

Dous versos
  • O pareado (con rima medida).
  • O dístico (sen rima).
Tres versos
  • O terceto, con versos de arte maior (xeralmente hendecasílabos), con rima consonante ABA.
  • A terceta, o mesmo para os versos de arte menor.
Catro versos
  • O cuarteto (arte maior e rima consonante ABBA)
  • A redondilla (octosílabos de rima consonante abba)
  • O serventesio (arte maior e rima consonante ABAB)
  • A cuarteta (octosílabos de rima consonante abab)
  • A copla (arte menor, rima asonante –a–a)
  • A caderna vía (versos alexandrinos de rima consonante AAAA).
Cinco versos
  • A quintilla (arte menor e rima consonante)
  • O quinteto (arte maior de rima consonante)
  • A lira (versos heptasílabos e hendecasílabos con rima consonante aBabB).
Seis versos
  • O sexteto (arte maior e rima consonante)
  • A sextilla (arte menor e rima consonante)
  • A copla de pé quebrado (octosílabos e tetrasílabos de rima consonante 8a8b4c8a8b4c).
Oito versos
  • A oitava real (versos hendecasílabos con rima alterna os seis primeiros e un pareado nos dous últimos).
Dez versos
  • A décima é unha estrofa de dez versos octosílabos consonantes, que riman ABBAADDEED.
Sen un límite fixo

Véxase tamén


 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: