Euskaltel-Euskadi

O Euskaltel-Euskadi (oficialmente Fundación Ciclista Euskadi - Euskadiko Txirrindularitza Iraskundea), é un equipo ciclista profesional español que participa no UCI ProTour. A día de hoxe, é o equipo que máis anos leva nas estradas a nivel mundial, xunto con outros como Lampre ou T-Mobile. Tamén participa nalgunhas carreiras do Circuíto Continental. O seu código de equipo da UCI é EUS.

O director xeral do equipo desde a súa fundación é Miguel Madariaga, actualmente axudado polo secretario técnico Igor González de Galdeano. Os directores do equipo son Jon Odriozola, Gorka Gerrikagoitia e Xabier Carbayeda.

Os seus principais patrocinadores son a empresa vasca de telecomunicacións Euskaltel e o Goberno Vasco baixo a marca Euskadi, patrocinando ó País Vasco.

Historia do equipo

Fundouse o 17 de xuño de 1993 baixo o nome de Fundación ciclista de Euskadi coa intención de fomentar, promocionar e divulgar o ciclismo e a canteira vasca, co apoio institucional do Goberno Vasco. Actualmente ten o patrocinio da empresa de telecomunicacións Euskaltel, empresa coa que seguirá ata finais do 2010. O equipo Orbea fai ás veces de filial, tendo un pacto de colaboración e de formación de corredores, que foi renovado a finais de 2006 e vixente ata 2008.

Entre os ciclistas que forman ou formaron parte do seu cadro de corredores están algúns tan importantes como Igor González de Galdeano, Joseba Beloki, Iban Mayo, Aitor González, Roberto Laiseka (retirado da actividade deportiva por culpa dunha inoportuna lesión no xeonllo, froito dunha caída no Giro de Italia de 2006), Haimar Zubeldia ou Samuel Sánchez (estes dous últimos actualmente no equipo).

En 2006 logrou un total de 11 vitorias, destacando as logradas na Vuelta a España por Igor Antón e Samuel Sánchez, ademais das vitorias ProTour na Dauphiné Libéré de Iban Mayo, no GP de Zurich de Samuel Sánchez, e tamén as 2 etapas na Volta ó País Vasco do propio Samuel Sánchez. Tamén destaca a vitoria de David Herrero nunha etapa da Euskal Bizikleta.

Vitorias en 2007

UCI ProTour

DatasCarreirasGañador
20 de marzo 7ª etapa da Tirreno-Adriático Koldo Fernández
14 de abril 6ª etapa da Volta ó País Vasco Samuel Sánchez (CRI)
5 de maio 4ª etapa do Tour de Romandía Igor Antón
27 de maio 7ª etapa da Volta a Catalunya Samuel Sánchez

Circuíto Continental

DatasCarreirasGañador
15 de febreiro Trofeo Palmanova (Challenge a Mallorca) Unai Etxebarria

Cadro de xogadores en 2007

NomeNacementoNacionalidadeEquipo 2006
Igor Antón02.03.1983 EspañaEuskaltel-Euskadi
Mikel Astarloza17.11.1979 EspañaAg2r Prévoyance
Unai Etxebarria21.11.1972 VenezuelaEuskaltel-Euskadi
Aitor Galdós08.11.1979 EspañaCeramica Panaria
Dionisio Galparsoro13.08.1978 EspañaKaiku
Aitor Hernández24.01.1982 EspañaEuskaltel-Euskadi
Iñaki Isasi20.04.1977 EspañaEuskaltel-Euskadi
Andoni Lafuente06.09.1985 España(debuta como profesional)
Iñigo Landaluze09.05.1977 EspañaEuskaltel-Euskadi
Iban Mayo30.09.1981 EspañaEuskaltel-Euskadi
Rubén Pérez30.10.1981 EspañaEuskaltel-Euskadi
Samuel Sánchez05.02.1978 EspañaEuskaltel-Euskadi
Amets Txurruka10.11.1982 EspañaBarloworld
Unai Uribarri28.02.1984 EspañaEuskaltel-Euskadi
Gorka Verdugo04.11.1978 EspañaEuskaltel-Euskadi
Haimar Zubeldia01.04.1977 EspañaEuskaltel-Euskadi

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: