Excalibur

Excalibur é o nome máis aceptado da espada lendaria do rei Artur, á que se atribuíron diferentes propiedades extraordinarias ao longo das numerosas versións do mito e as historias subseguintes.Orixinalmente recibiu outros nomes: Caliburn[1], nos escritos de Geoffrey de Monmouth; e Caledfwlch[2], en antigas narracións galesas como Culhwch ac Olwen,[3] Esta última é unha palabra que deriva do gaélico antigo "caladbolg"[4], que significaría "espada escintilante".

A espada Excalibur.

A partir das narracións de ficción baseadas no mítico personaxe do rei Artur, a espada Excalibur ten diversas historias asociadas.

A obtención de Excalibur

Existen diversas historias sobre como Artur se fixo posuidor da mítica espada. Geoffrey de Monmouth só di que a mesma foi forxada en Avalon, sen dar máis detalles.

No Ciclo da Vulgata cóntase que Artur recibe a espada dunha ninfa chamada a Dona do Lago. Porén hai outra historia (máis difundida, mais que segundo os primeiros escritos non era a orixinal) na cal se conta que Artur obtivo Excalibur ao extraela dunha pedra, e que a espada foi forxada por Merlín. En resumo, Excalibur é a espada máis poderosa que nunca existiu, pois dáballe o poder a quen a posuíra de non ser ferido nunca.

A desaparición de Excalibur

Bedivere lanzando a mítica espada á auga. Ilustración de 1894.

O relato máis aceptado é aquel que narra que Arturo, moribundo, ordénalle a un dos seus cabaleiros que tire a súa espada a un estanque encantado. Este cabaleiro, que primeiro desobedece e despois acepta a orde de moi mala gana, é chamado Girflet, Bedivere, Lanzarote ou Perceval, segundo o relato.

Cando o cabaleiro lanza a espada ao estanque, unha man xorde da superficie da auga, colle a espada e despois desaparece nas profundidades.

Películas

Estatua de Excalibur no Kingston Maurward

A espada dá nome á película Excalibur sobre o Rei Artur e as súas aventuras, dirixida en 1981 por John Boorman.

Así mesmo, é mencionada noutras películas como Merlin, do director Steve Barron, en 1998, facendo alusión en gran parte ao ciclo da Vulgata.

Ademais, existe unha película titulada A lenda de Excalibur, tamén chamada A última lexión, na cal se conta que a espada pertencía a Xulio César e foi atopada polo seu descendente Rómulo Augústulo, quen mudou o seu nome a Pendragon.

Notas

Véxase tamén

🔥 Top keywords: