Fada

ser mitolóxico ou lendario

As fadas[1] (do latín fata) son seres mitolóxicos do folclore europeo, unha forma de espíritos[2] da natureza que a coidan e axudan a menter o seu equilibrio. O seu nome en latín significa destino, xa que as fadas son unha transposición das moiras gregas, unhas criaturas que aparecen o terceiro día do nacemento dun neno para predicir o seu futuro.

Unha fada pintada por Sophie Anderson (1869).

Dende o romanticismo, son representadas como mozas ou nenas con ás. Moitas veces aparecen nos contos populares, e sempre de pequeno tamaño,[3] de gran beleza e cun moi bo corazón. Porén, na Idade Media eran representadas como un espírito protector, ou, moitas veces, malicioso e para protexerse delas, a xente usaba un amuleto de ferro negro. Na era vitoriana e eduardiana medra o interese polas fadas. O rexurdimento celta considéraas como parte da herdanza cultural irlandesa. Carole Silvers e outros suxiren que a fascinación polas fadas xorde como unha reacción á industrialización e a perda da cultura popular.[4]

No folclore tradicional galego os bosques do Macizo Galaico están habitados por fadas, ademais de elfos, pantasmas, a Santa Compaña, o Nubeiro e meigas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • D. L. Ashliman, Fairy Lore: A Handbook (Greenwood, 2006)
  • Brian Froud e Alan Lee, Faeries, (Peacock Press/Bantam, Nova York, 1978)
  • Ronan Coghlan Handbook of Fairies (Capall Bann, 2002)
  • Lizanne Henderson e Edward J. Cowan, Scottish Fairy Belief: A History (Edinburgh, 2001; 2007)
  • C. S. Lewis, The Discarded Image: An Introduction to Medieval and Renaissance Literature (1964)
🔥 Top keywords: