Forzas especiais

As forzas especiais, forzas de operacións especiais ou forza de elite, son unidades militares áxiles e versátiles adestradas e formadas para levar a cabo unha serie de tarefas específicas, que van dende as «operacións especiais»[1][2][3] dentro dun conflito convencional ás que implican a guerra non convencional. Polo xeral, as forzas especiais teñen unha formación máis ampla e con frecuencia equipos máis avanzados que as forzas convencionais.[1][4] Adáptanse para operar como forzas asimétricas e son quen de operar de forma independente, ou en apoio directo de calquera das forzas militares convencionais ou doutros elementos gobernamentais. Son activos de alto valor, comandados a nivel estratéxico e que ofrecen importantes resultados non proporcionais co seu reducido tamaño.[5]

Un membro dos Navy SEALs dos Estados Unidos en Afganistán, ano 2002.
Rangers nun helicóptero MH-6 Little Bird do 160.º Rexemento de Aviación de Operacións Especiais dos Estados Unidos
Os GROM de Polonia e os Navy SEALs dos Estados Unidos xuntos nuns exercicios de adestramento en Gdansk (Polonia).

Unha unidade de forzas especiais está adestrada para levar a cabo misións de combate de acción directa e indirecta. As operacións de acción directa son operacións ofensivas e cobren un amplo espectro de operacións. As operacións indirectas son habitualmente de recoñecemento, destinadas á obtención de información. Operan sobre a base de grupos pequenos, dependendo da misión, con grande autonomía.

Escolla e adestramento

O proceso de escolla para os homes de operacións especiais é normalmente rigoroso e intensivo. Pode incluír algúns dos seguintes aspectos:1- Selección:

  • Cubrir distancias en carreira con límite de tempo sen equipo.
  • Cubrir distancias en marcha con límite de tempo con equipo.
  • Cubrir distancias a nado con límite de tempo sen equipo.
  • Probas de forza e resistencia aeróbica e anaeróbica.

2- Adestramento:

  • Supervivencia en distintos ambientes.
  • Tiro con distintos tipos de armas.
  • Artes marciais.
  • Demolicións.
  • Mergullo.
  • Paracaidismo.
  • Combate de noite.
  • Telecomunicacións.
  • Planificación de operacións
  • Rapel

Capacidades

As capacidades principais das forzas especiais inclúen:

  • Recoñecemento no espazo de batalla profundo.
  • Adestramento e desenvolvemento doutros activos militares e de seguridade.
  • Acción ofensiva.
  • Preparación do espazo de batalla.
  • Apoio á contrainsurxencia a través da participación e apoio da poboación.
  • Apoio ás operacións antiterroristas.
  • Interrupción de rutas de loxística no espazo de batalla profundo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

🔥 Top keywords: