Gliros

Gliros
Glires

Rango fósil: paleoceno temperán - actualidade

Rata canguro (Dipodomys sp)
Clasificación científica
Superreino:Eukaryota
Reino:Animalia
Subreino:Eumetazoa
Superfilo:Deuterostomia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Superclase:Tetrapoda
Clase:Mammalia
Subclase:Eutheria
Infraclase:Placentalia
Magnorde:Boreoeutheria
Superorde:Euarchontoglires
(sen clasif.):Glires
Linnaeus, 1758
Ordes
Véxase o texto

O dos gliros (Glires) é un clado (ás veces clasificado como granorde, taxon situado entre superorde e mirorde) dos euarcontogliros que comprende as ordes dos roedores e os lagomorfos (coellos, lebres e picas).

Coello (Oryctolagus cuniculus).
Pica alpina (Ochotona dauurica).

Características

A súa característica exterior máis notábel é o gran desenvovemento dos incisivos: perderon os primeriros incisivos superiores e inferiores, os terceiros incisivos inferiores, os caninos e os primeiros premolares. Os segundos incisivos tamén desapareceron, pero no seu lugar teñen grandes segundos incisivos de leite de crecemento continuo. A súa dentición mostra polo tanto un grande espazo baleiro entre os incisivos e os segundos premolares: o diastema.

Taxonomía

Descrición

O grupo dos gliros foi establecido por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[1]

Etimoloxía

O termo do latín científico Glires está tirado do latín glīrēs, plural de glīs, "leirón".[2]

Clasificación

Segundo o NCBI, na actualidade recoñécense dentro dos Glires as seguintes dúas ordes:[3]

Filoxenia

A hipótese de que estes animaais constitúen un grupo monofilético foi longamente debatida sobre a base de evidencias morfolóxicas, e estudos morfológicos recentes apoian a monofilia dos gliros.[4][5] En particular, o descubrimento de novo material fósil de membros basais dos gliros, especialmente dos xéneros Mimotona, Gomphos, Heomys, Matutinia, Rhombomylus e Sinomylus, ayudou a pechar a brecha entre os roedores máis típicos e os lagomorfos.[5][6] Datos baseados no ADN nuclear respaldan que Glires é un grupo irmán de Euarchonta, para formaren Euarchontoglires,[7][8] pero algúns datos xenéticos tanto do ADN nuclear como do ADN mitocondrial foron menos favorábeis.[9] Un estudo que investigou os datos de ausencia de retrotransposóns respalda de maneira inequívoca a hipótese de Glires.[10] Estudos recientes sitúan a Scandentia como irmán dos Glires, invalidando a Euarchonta.[11][12]

Relacións filoxenéticas

Euarchontoglires

Scandentia (escandentios)

Glires

Rodentia (roedores)

Lagomorpha (coellos, lebres, picas)

Primatomorpha

Dermoptera (lémures voadores)

Primates (†Plesiadapiformes, Strepsirrhini, Haplorrhini)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: