Gran Khorasán

Rexión histórica de Persia

O Gran Khorasán ou Antigo Khorasán (en farsi خراسان کهن یا خراسان بزرگ) é o nome convencional que se lle dá á rexión histórica do Khorasán, do Grande Irán, mencionada en fontes sasánidas e islámicas, que abarcaba non só as actuais tres provincias do Khorasán iraniano,[1] senón que tamén incluía partes de Afganistán, Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán.[2]

Modelo:Xeografía políticaGran Khorasán

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°N 62°L / 36, 6262°L / 36, 62
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por

Territorios durante o Califato en 750. O Khorasán formaba parte de Persia (en amarelo).

O nome de rexión do Khorasán aparece no século VII, nome co que os árabes designaban ás terras do leste iraniano. Non estaba ben definida, e podía chegar de feito até o Indo e o Sind. Moisés de Khorén, o historiador armenio, sitúa o Khorasán entre Gurgan e Kumis ao oeste, e do Badakhshán ao Hindu Kush ao leste.

Historia

Durante o Imperio sasánida esta rexión do nordeste de Irán formaba unha das catro grandes satrapías provinciais gobernadas por un ispahbadh.

Co tempo só unha parte do Khorasán quedou baixo o seu poder, e á fin do Imperio o territorio se dividiu entre os sasánidas e os heftalitas. Os gobernadores locais e as dinastías tributarias chegaron a facerse independentes, de feito que, cando o Imperio sasánida se enfronta aos árabes, ao leste do Khorasán estaba a confederación heftalita, inimiga dos persas, centrada en Badghis e Tukharistán. Al-Baladuri dixo que Badghis, Herat e Pushang estaban baixo o goberno dun potentado local denominado o Azim (o Poderoso), que seguramente era un heftalita.

Os árabes herdaron a rivalidade cos hefatlitas. Desde o 644 algúns xenerais estiveron no Khorasán, que foi unha dependencia do goberno de Basora até o inicio do século VIII. Despois, unha provincia do califato nominalmente até a perda do territorio polos samánidas diante dos gaznévidas o 999.

Desde o 999, o Khorasán estivo máis de 40 anos baixo dominio gaznévida. Entre 1037 e 1040 chegaron emigrantes turcos oghuz, que se estableceron na rexión; a familia dirixente, os seléucidas, derrotaron aos gaznévidas na decisiva batalla de Dandankan (1040) e anexionaron o Khorasán aos seus dominios. Os gaznévidas quixeron recuperalo pero, despois de 10 ou 15 anos, finalmente deron a provincia por perdida.

Nishapur foi a primeira capital seléucida, pero o fundador do imperio, Toghril Beg, non tardou en trasladala a Rayy e, seguidamente, a Isfahán. O goberno do Khorasán cedeullo ao seu irmán Čaghri Beg Dawud, pero o fillo deste, Alp Arslan, herdou ao seu tío como gran sultán.

Mesquita "Masjid-i Jami", Afganistán, a cidade que se coñece como a Perla do Khorasán.

Á morte de Malik Shah I, fillo de Alp Arslan (1092), seguiu un tempo de inestabilidade con Barkyaruk (10931104) e Muhammad I Tapar (11051118) pero volveu a tranquilidade baixo Mu'izz ad-Din Ahmed Sanxar (11181157), que foi o primeiro gobernador e despois gran sultán e xefe da familia.

Un elemento de inestabilidade foron os turcománs establecidos na parte norte da provincia. A súa revolta ao final do reinado de Sanxar conduciu á súa captura e deposición temporal en 1153.

Posteriormente o Khorasán estivo en mans dos oghuz, de xenerais seléucidas, dos gúridos, dos khwarizmshahs, dos mongois (1220 - 1221), dos Il-khans, de dinastías locais como os sabardars até o 1381 e a dinastía Kart de Herat até o 1389, dos timúridos (1381 a 1389), da rama timúrida de Herat, dos uzbekos de Muhammad Shaybani Khan (1507 - 1510), dos safávidas (1510 - 1516), dos uzbekos outra vez en loita cos safávidas (1589 - 1715), dos afgáns, de Persia baixo Nadir Shah (1736 - 1747) e dos durranís afgáns.

Finalmente, baixo a dinastía pahlevi até a proclamación da república islámica (Khorasán Occidental) e baixo os reis de Afganistán, e despois da actual república (Khorasán oriental).[3][4][5][6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: