Grao militar
O grao militar ou rango militar, tamén chamado simplemente grao,[1] ou rango[2] é un sistema xerárquico para estabelecer a escala de mando que se usa en forzas armadas, forzas policiais e outras organizacións armadas ou uniformadas.
Os rangos represéntanse de forma visual mediante divisas/insignias e galóns no uniforme, normalmente mediante pezas de tea cosidas aos ombreiros, as mangas ou o peito.
O uso de rangos nas forzas armadas é practicamente universal. Organizacións como o Exército Popular de Liberación da República Popular da China (1965-1988), o exército de Albania (1966-1991) e o Exército Vermello da extinta Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (1918-1992) son exemplos de forzas armadas que no seu día aboliron o sistema de rangos, aínda que se viron forzadas a reinstaurarlo posteriormente tras atoparse con problemas operacionais de mando e control.[3][4][5]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Empregos e Divisas da OTAN
- Unidade militar
Ligazóns externas
- World Rank Insignia (en inglés)